Amigus
As Pontes

Pasar de Windows a Linux unha oficina

Lendo barrapunto.com:
“Fai pouco chamáronme dunha empresa para reinstalarlles o sistema operativo en toda a rede, dado que a tiñan abarrotada de virus, troianos e similares. Toda unha colección deles. Por outro lado, a rede era un auténtico caos. Calquera empregado podía instalar o que quixera. A primeira pregunta que fixen foi obvia. ¿Tedes licencia do que queredes instalar? Buscando, localizaron un CD orixinal do Windows 2000 Professional. Insistiron en que co mesmo número de serie instalara 30 ordenadores, alegando que tiñan licencia para todos eles. Non é moi creíble, pero eu nin son policía nin xuiz, nin entendo de licencias Microsoft, así que os obriguei a firmar unha orde de traballo facendoo constar. Por se acaso.”…


…”A orde de traballo tamén especificaba DETALLADAMENTE que,
– Eu garantizaba o meu traballo durante tres meses.
– Comprometíame a que non volveran a aparecer virus, troianos e demáis.
– Caso de desconfiguración, a reparación sería gratuita.
E outra serie de ‘lindezas’ polo estilo. Agora comprendo os motivos da marcha do antigo administrador de rede. Non obstante, acordamos un precio aceptable, e aceptei o traballo.
Nesa empresa conto cun amigo, ó que lle recomendei instalar Guadalinex en lugar de Windows. Así a este amigo e a outros dous compañeiros que voluntariamente quixeron probalo, instaleilles guadalinex.org unha distribución baseada en Debian e con Gnome 2.4.
A orde de traballo dicía ‘instalar Windows 2000 Professional’, e iso fixen. Como non o dicía expresamente, non instalei:
– O Explorer 6. Confórmaste co 5.
– As DirectX.
– Pluggins de Java e Flash para o Explorer.
– Service Packs para Windows e para Explorer.
– Actualizacións para Windows e para Explorer.
– Messenger.
– Office ou similar.
– Windows Media Player, DivX, RealOne, QuickTime.
– Acrobat Reader.
– Visores Word, Excell ou PowerPoint.
– Programa de tratamento de imaxes.
– Visor de imaxes.
– AdAware.
– Nero ou similar.
Iso sí, todo o mundo na oficina tiña que traballar como o que Windows 2000 chama ‘usuario restrinxido’. Reserveime a conta de administrador, depositando o contrasinal nun sobre pechado dentro da caixa forte da Empresa. Obviamente, contrasinal no Router e a BIOS, e deshabilitado todo arranque distinto ó disco duro.
A rede funcionaba á perfección. O mesmo cos recursos compartidos e as impresoras, incluso unha que nunca funcionara en rede (eles saberán os motivos). Ninguén podía instalar absolutamente nada. O sistema operativo solicitábache o contrasinal de administrador cada vez que querían instalarse algo.
Tras instala-los 27 Windows e os 3 Guadalinex, pasei a cobrar e non volvín ata a semana seguinte. Pouco máis e me aforcan.
Ninguén se atreveu a abri-lo sobre co contrasinal de adeministrador que estaba na caixa forte, pois ademáis que só dúas persoas teñen acceso a ela, rotulei no mesmo a perda de garantía caso de abri-lo sobre.
Nesa semana, todo o persoal estivo facendo cola nos tres ordenadores con Guadalinex, para algo tan importante para a empresa como é conectarse ó Messenger. Guadalinex ven por defecto co AMSN.
O xefe pedíume que instalara Office, para o que me facilitou un ‘princo puerco’ con moitos uns e un dous como número de serie. Por suposto negueime. Instaleilles OpenOffice.org, cobrando pola instalación, claro. E se queres que che poña o Messenger, tamén tes que pagar polo meu tempo, e así sucesivamente con todo o que queiras que che instale. Eu cobro por horas, como ben di a orde de traballo.
Por outra parte, cinco empregados pedíronme que lles puxera Guadalinex nos seus ordenadores. Isto marcha…
Á segunda semana, leveime unha sorpresa cos programas P2P. Os empregados pediron ‘emulear’, e o xefe non só o consentiu, se non que ademáis identificouse como ‘mulero altivo’. Tras advertirlle das implicacións legais que para empresa supón ter unha 512 con IP fixa ‘emuleando’, e asinarme unha nova orde de traballo, instalei xMule en 4 ordenadores con Guadalinex, programados con CRON para que só ‘emulearan’ en horario non laboral.
Ós empregados pedínlles (nin puñeteiro caso me fixeron, pero vamos que todos eles son xa maiores de idade) que só descargaran documentación ou arquivos libres. Para dar exemplo compartín dende a súa rede: Debian, Guadalinex e Mandrake.
Outros 7 empregados pedíronme Guadalinex. Ben, xa temos 15 de 30 ordenadores con Guadalinex. Por suposto cobrei por instalar Windows, e voltei a cobrar por instalar Guadalinex. Ademáis puxen java e o pluggin de flash nos 30 ordenadores e EROASTER e K3B nos Guadalinex.
Vendo que os ordenadores con Guadalinex podían descargar e reproducir todo tipo de formatos multimedia así como gravar CDs e DVDs, á seguinte semana pedíronme instalar Guadalinex en outros 14 ordenadores.
Como anécdota, os dous máis acérrimos defensores de Windows trouxéronme os seus ordenadores particulares (si os das súas casas) para que lles instalara Guadalinex. Regaleilles o live-CD, pero non se aclaraban coas particións.
Hai un ordenador que, ó meu pesar, non puiden pasar a Guadalinex. É dun empregado alias o ‘eu-non-me-rindo’. Non me importa, así sempre poden comparar.
Só tiven un conato de problema nun programa propietario baixo Windows. Localicei un equivalente en Linux, iso sí, no idioma dos fillos da Gran Bretaña, e que ademáis non se podían importa-los datos. Estiven pensando en contactar co autor para traducilo e solicitarlle ‘algo’ que importara os datos, (pero parece ser que é un proxecto abandoado en sourceforge)… ata que me lembrei do meu amigo WINE. Fantástico WINE. Ese programa funciona á perfección baixo WINE. Resolto !!
Outra queixa que me plantexaron é que agora non poden instalarse todos esos programas ‘super-guais’ que regalan coas revistas de informática. Certo. Nin poden nin deben. Esos ordenadores son son seus.
Recomendeilles que cambien de revista, e se pasen á do meu amigo e compañeiro en linux-malaga.org, Paul: megamultimedia.com/linuxmag. Tampouco se van a poder instalar nada, pois carecen do contrasinal de root, e que non comparto polo menos ata que remate o meu perodo de garantía.
Probablemente o caso desta empresa non sexa extrapolable a todas. Sorprendeume sobremaneira a tolerancia respecto ó messenger e ó P2P. Pero se o xefe consinte, a min a verdade é que non me importa o máis mínimo. Mentras me paguem…
Resumindo: A xente non se pasa a Linux (na miña humilde opinión) por:
– Medo ó descoñecido.
– Crenza -equivocada- de que non poden face-las mesmas cousas que en Windows.
– Non saben a quén pregunta-las dúbidas.
– Son moi, moi cómodos.
O seguinte reto que teño á vista é pasar TODO un cibercafé a Guadalinex. De momento hai un ordenador con Guadalinex e 9 con Windows. Aquí cambia a cousa: o ordenador con Guadalinex está sempre ocupado. Os prezos do meu cliente son de 1,50 euros a hora en Windows, e 1 euro en Guadalinex.
O único que fixen foi encherlle o escritorio de accesos directos: ó AMSN, a varias salas de chat, ó Frozen-Bubble, ó FreeCraft e algún que outro máis.”…
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios