Amigus
As Pontes

¿É preciso revisar o sistema de escritura musical? (I)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

¿Qué ten de bon e qué ten de malo o sistema actual?
¿Qué cousas son innecesarias?
¿Qué cousas son ambiguas?

Pouco a pouco imos a ir desmenuzando todo isto para ver se realmente fai falla revisar o sistema de escritura actual.

partitura2.png


Premisas:
O sistema de escritura actual está baseado en duas cualidades do son:
1.- Altura (sons agudos e graves)
2.- Duración
Pero hay outras duas cualidades que son importantes na música e que no actual sistema de escritura se solucionan con símbolos engadidos:
3.- Timbre (é o que diferencia ós sons dos distintos instrumentos)
4.- Intensidade
Todo sistema de escritura que se pretenda usar para a lectura ‘en tempo real’ debe de ser sinxela, rápida e eminentemente visual.
O sistema de escritura debe de ser capaz de representar TODOS os elementos sonoros que poidan usar na música.
E con estas tres simples premisas imos a empezar.
1.- Altura
Unha ocatava é a distancia (en altura) que hay entre dous sons cunha relación de frecuencia 1/2. Por exemplo, se por exemplo un Re ten unha frecuencia de 100 Hz, o Re inmediatamente máis agudo ten 200 Hz.
A división desta distancia no sistema actual, é en 12 sons (7 notas naturais máis 5 alteradas Do-Do#-Re-Re#-Mi-Fa-Fa#-Sol-Sol#-La-La#-Si) pero xa en 1911 Alois Haba escribeu o “Novo tratado de harmonía” no que plantexa divisións máis pequenas do ton, tendo así a división da octava en 24, 36, 48 e ata 144 sons. Todas estas divisións hoxe por hoxe indícanse coma alteracións das notas naturais => seguimos con sete notas representables ás que se lle poñen unhos símbolos para indicar unha alteración na sua altura. Con divisións de 1/12 de ton, fan falla ata 12 símbolos para indicar tódalas alteracións posibles.
Por outra parte está o pentagrama e o uso das craves.
O pentagrama é unha pauta de cinco liñas nas que se colocan os diferentes símbolos do sistema de escritura. En cada liña e cada espacio deste pentagrama se escriben as notas (os sons), así ó ser só cinco liñas e catro espacios, só se poden representar 9 sons. Cando precisamos escribir sons que sobrepasan o pentagrama por ser moi agudos ou moi graves, úsanse as liñas e os espacios adicionais. Pero procúrase non pasar de 3 ou 4 pois entón a lectura da partitura faise moi complicada.
Aínda así, coa tesitura que teñen instrumentos coma o piano (que pode emitir ata 88 sons diferentes), o uso dun so pentagrama quédase realmente curto. Por isto se usan hoxe as craves. Unha crave é un símbolo que se coloca ó principio de cada pentagrama e que indica a tesitura das notas do mesmo. Así, por exemplo, para escribir para unha tuba (instrumento que emite notas moi graves), úsase unha crave, e para unha frauta úsase outra.
Na antiga Grecia, por exemplo, usaban outro sistema. Un sistema alfabético. Para cada son había un símbolo. Se aplicásemos este sistema ás necesidades de hoxe en día, poderíamonos atopar con ata 1056 símbolos diferentes para a representación das alturas dos sons…
Continuará…

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios