Amigus
As Pontes

As Pontes súmase ao programa de reparto de decoficadores TDT para grupos en risco de exclusión social

[RTVEume] O Concello de As Pontes ven de adherirse ao Plan de Apoio aos Colectivos en Risco de Exclusión Social para facilitar a estas persoas o acceso á Televisión Dixital Terrestre.
Segundo anunciaron dende o goberno municipal, nestes momentos xa é posible solicitar no departamento de Servizos Sociais a documentación necesaria para acollerse a este plan, auspiciado polo Ministerio de Industria, e que ten como obxectivo distribuír entre as persoas con menos recursos os xa tan coñecidos sintonizadores de TDT, facilitando así o acceso a estas tecnoloxías a tódolos cidadáns e cidadás e a transición a esta nova plataforma dixital.


Poderanse beneficiar deste plan todas aquelas persoas residentes en As Pontes e que pertenzan a un dos tres grupos calificados coma en risco de exclusión como son: persoas cunha discapacidade do 33 por cento ou máis, contando entre as discapacidades algunha de tipo visual ou auditivo; maiores de 65 anos cun nivel de dependencia severa ou de gran dependencia, ou, finalmente, maiores de 80 anos que vivan sós ou en compaña doutra persoa tamén maior de 80 anos.
Por outra banda para acollerse a estas axudas, o solicitante non debeu resultar beneficiado dalgún tipo de plan de apoio anterior e tampouco pode dispoñer, no seu fogar, dun decodificador de TDT.
Os que desexen acollerse a este plan poderán achegarse ata o departamento de Servizos Sociais, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, onde será necesario cubrir a correspondente solicitude, adxuntando DNI, un documento no que conste o domicilio do beneficiario (DNI, recibos da auga ou da luz, certificado de empadroamento…), ademáis do orixinal e unha copia do documento que acredite a pretenza a algún dos colectivos beneficiarios deste plan.
Para obter máis información, tamén será posible contactar co 981 44 10 08.

También podría gustarte
Comentarios