Amigus
As Pontes

CD AS PONTES – RESULTADOS FIN DE SEMANA

Nos partidos xogados no Poboado, revés do As Pontes B alevín, que se veu sorprendido polo Portuarios (1-2), nun partido que comezou ben para os locais co gol de Josiño, pero que remontaron antes do descanso os visitantes. Xa na segunda parte non se movería o marcador, a pesar de que os ponteses tiveron claras ocasións para marcar, pero este sábado non foi o seu día. En canto ó alevín A perdeu en Ferrol diante do Galicia de Caranza (2-0).
cdaspontes


Na categoría benxamín contundente vitoria do As Pontes diante do Ferrol B (10-1). Marcaron polo As Pontes Bruno (5), Alberte (2), Eloy (2) e Manuel. Tamén vitoria do As Pontes B en Pontedeume perante o Eume Deportivo (3-6), con goles de Mateo (2), Antón, Xabier, Chema e Daniel.
En prebenxamín abultada derrota do As Pontes B diante do Racing de Ferrol (16-0). Nesta xornada descansou o prebenxamin A.
Quen continúa na súa racha de vitorias é o cadro infantil, que nesta xornada gañou con claridade en Valdoviño ó Amistade Meirás (0-8) con goles de Enrique (3), David Rey (2), Brais Blanco, Diego e Alejandro. Tamén, vitoria, a terceira da liga, do As Pontes cadete, que este sábado goleou no Poboado ó Perlío (5-0), sendo os autores dos goles Tini (2), Darío (2) e Rubén.
En categoría xuvenil, o equipo da liga nacional continúa sen saber o que é gañar despois de sete xornadas disputadas. O resultado final no partido disputado o sábado no Poboado perante o Val Miñor foi de empate a dous goles (2-2), encontro que os de Carballo ían perdendo por 0-2, pero dous goles de Cañi, o segundo de penalti, serviron para que o As Pontes sumara un punto. Pola súa banda, o conxunto B perdeu na Barqueira diante do Cebarca (6-5), despois de empatar o partido remontando un 5-0 adverso (Jacobo, en tres ocasións, Manu e Chungui). Sen embargo, cando todo o mundo contaba co empate chegou o tanto local no tempo de desconto.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD DORNEDA – CD AS PONTES (suspendido)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – VAL MIÑOR (2-2)
XUVENIL COMARCAL: UD CEBARCA – CD AS PONTES B (6-5)
CADETE: CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (5-0)
INFANTIL: AMISTADE MEIRÁS CF – CD AS PONTES (0-8)
ALEVIN A: GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES A (2-0)
ALEVIN B: CD AS PONTES B – PORTUARIOS SD (1-2)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – RACING FERROL B (10-1)
BENXAMIN B: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES B (3-6)
PREBANXAMIN A: Descansou
PREBENXAMIN B: RACING FERROL C – CD AS PONTES B (15-0)
Nova cortesía de A.F.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes

También podría gustarte
Comentarios