Ooo4Kids, un OpenOffice.org para nenos

Lendo mancomun.org:
“Ooo4Kids trátase dunha suite ofimática baseada en OpenOffice.org dirixida aos máis novos da casa. Esta suite está adaptada para que os rapaces de entre 7 e 12 anos se poidan desenvolver nela facilmente.
Este proxecto xorde como parte dos proxectos de educación de OpenOffice.org, dos cales o principal obxectivo é crear unha ponte entre Ooo e o mundo da Educación, así como formar e recrutar novos desenvolvedores.”…
oookids.jpg


…”A asistencia técnica e os recursos corren por parte da asociación francesa EducOOo, que xunto con algún profesores viron a necesidade de crear unha suite informática adicada á educación, principalmente para nenos de primeiro grado.
Deste xeito naceu o proxecto Ooo4Kids (OpenOffice.org for Kids), que destaca por ser a versión máis lixeira de OpenOffice.org e cunha interface máis vistosa.
As características máis sobranceiras son:
* Está orientado a rapaces de entre 7 e 12 anos
* Conta con adaptacións específicas para o mundo da educación
* Está dispoñíbel para GNU/Linux, Windows e MacOS
* Multilingüe
Todo o proxecto faise con fins educativos, coa idea de contribuír e reintegralo ao proxecto OpenOffice.org.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios