Amigus
As Pontes

As Pontes pide participar do Plan Sectorial das Áreas Empresariais

Lendo diariodeferrol.com:
“O Concello das Pontes presentará alegacións ó Plan Sectorial de Ordenamento das Áreas Empresariais de Galicia, elaborado pola Xunta de Galicia. O pleno aprobou por unanimidade demandar ó goberno autonómico a inclusión deste municipio no citado plano, xa que non aparecía reflectido no mesmo a execución de máis solo empresarial. Pedirase o financiamento necesario para amplia-los polígonos dos Airíos e tamén o de Penapurreira , e tamén a construcción dunha nova zona empresarial, que se ubicará no chamado sector II de Penapurreira.”…


…”O Concello recorda que actualmente a carencia de superficies industriais libres nos polígonos da vila está a impedir que se poidan aproveita-los incentivos e as oportunidades financeiras que ofrece esta zona para os empresarios interesados en crear novas iniciativas. O maior impedimento está en que tódolos polígonos están ó máximo da súa capacidade, e incluso as ampliacións previstas teñen xa unha alta demanda. Actualmente a área de Penapurreira ten unha superficie de 862.000 metros cadrados, distribuidos nun total de 23 parcelas, das cales 22 xa están ocupadas. Agora estase pendente da execución da última fase, que aumentará este espacio a outros 260.000 metros cadrados.
A Xunta e o Instituto do Carbón están elaborando un convenio para achegar algo máis de un millón de euros para financiar esta derradeira fase, pero o Concello considera que este diñeiro non chegará para a adquisición e para urbanizar esta ampliación. No que se refire ós Airios, a superficie total desta área é de 232.000 metros cadrados, con 67 parcelas, das que 63 xa están concedidas. O goberno local presentou un proxecto para duplica-las dimensións da zona, con terreos de propiedade municipal, e esta nova fase xa está comprometida por varias iniciativas. Tamén se apunta neste documento de alegacións a posibilidade de construir un novo parque, baixo o nome de Penapurreira II, que contaría con 195 hectáreas. O edil de Desenvolvemento, Francisco da Silvva, indicou que As Pontes parte dun punto de saída óptimo, xa que ten as tres zonas como industriais, unha das principais demandas da Xunta.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios