3000 ponteses din non ao terrorismo
Aproximadamente 3000 ponteses déronse cita hoxe as 19:00 h no Concello para percorrer as rúas do pobo en silencio e mostrar así a repulsa contra o terrorismo e contra o atentado de onte en Madrid, día que pasará a ser recordado polo 11M.

Ningunha pancarta encabezou á voz do pobo, e todos os partidos políticos camiñaron xuntos. Ao remate da concentración, o alcalde en nome de todos eles e de todo o pobo, manifestou a repulsa e condea polos atroces atentados, e contra o terrorismo.

