Amigus
As Pontes

Club de montaña O Caxado

O pasado Domingo día 10 de Xaneiro e a pesar da nevada, ou máis ben a causa dela, algunhos compañeiros do Club decidiron saír a camiñar, isto foi o que nos contaron.
Saida –Xistral-Cadramón, 10 xaneiro 2010
A mediados da semana pasada, os partes meteorolóxicos xa anunciaban nevadas en cotas baixas pola nosa zona, entón dende o Club de Montaña “O Caxado” plantexabamos unha camiñata a algún lugar da nosa zona, para disfrutar dos paisaxes nevados, a zona elegida era a serra do Xistral,a 20 minutos de As Pontes.
Cadramon-Xistral-10-1-10_1.jpg


Avisabase por e-mail a xente do club, que o domingo dia 10 de xaneiro haberia unha saída ó Xistral, que se sairía as 9 a.m. de diante do pabellón, alí aparecemos 4 compoñentes do club, Oscar,Marques, Arturo e Fran.
Collemos o coche e diriximonos a Muras, logo desviamonos pola estrada que leva ó Viveiró, e +/- 1 km, xa temos que deixar o coche pois a estrada estaba un pouco difícil pola neve e sobre todo polo xeo, un can mastin saudanos e queda gardandonos o coche ata o regreso. As 10:10 comenzamos a camiñar, ca intención de poder chegar ó Cadramón.
Camiñamos con dificultade pola estrada asfaltada(sobre todo de xeo) ata o Viveiró, alí café en Casa Víctor, e continuamos cara o Xistral, por Porto do Rego e Curro, aquí cruzamos cara a pista que sube O Xistral. Continuamos pola pista que sube os eolicos (lado izdo) deixando a nosa esquerda Monte Pereiro, Parafonso. Chegamos a base do Xistral pero continuamos pola esquerda hacia o Cadramon (subir o Xistral quedaría para a volta). Barreiras do Lago, Cadelas, Seixo Blanco, Monte do Pedrido e por fin o Cadramón (1050m.). Voltamos sobre a nosas pegadas hacia o Xistral (pois naide apareceu por alí nín de lonxe en todo día), subimos o Xistral (1032m.) e baixamos pola ladera que nos leva a Abelaira , é a pista pola que xa pasaramos a ida, pero agora con dirección o Viveiró. Cando chegamos o Viveiró xa eran sobre as 6:30 da tarde e xa empezaba a facerse noite. Nos “hidratamos con unhos zumos de cebada” en Casa Victor (pois a auga que levabamos xeouse). Dende alí ó coche quedabanos unha boa subida (90 minutos, caculábamos) xa era de noite, e o camarero ofreceuse para subirnos no todoterreo para chegar o coche e voltar a casa. Ainda asi non estuvo nada mal, saída as 10:10 a..m. e final as 6:30 p.m., boas vistas, neve abundante en todo o camiño e un dia muy frio pero despexado e sin neboa.
Saíu o plan coma tiñamos previsto, e volta a casa….dia virado!!!

Cadramon-Xistral-10-1-10_2.jpg
Cadramon-Xistral-10-1-10_3.jpg
Cadramon-Xistral-10-1-10_4.jpg
Cadramon-Xistral-10-1-10_5.jpg
Cadramon-Xistral-10-1-10_6.jpg
Cadramon-Xistral-10-1-10_7.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios