Amigus
As Pontes

FÚTBOL VETERANO – LIGA DE AS PONTES

O Farmavida perdeu o liderato despois da súa sorprendente derrota diante do Xuntanza, equipo que gañou os dous enfrontamentos entre eles. O novo líder é Construcións Guerreiro, que venceu pola mínima a A Cepa e empatou con Mobles Eume o partido que fora aprazado polo temporal. Pola súa banda o Santaballés goleou nesta xornada a Los Bidones e colócase a catro puntos do segundo clasificado. Os resultados foron os seguintes:
Los Bidones – Santaballés (0-4)
Xuntanza – Farmavida (3-0)
Construcións Guerreiro – A Cepa (3-2)
MMYPEN – Frutas Luís (2-3)
As Pontes 74 – La Galaxia (3-0)
Descansou: Mobles Eume
Partidos aprazados
MMYPEN – As Pontes 74 (0-4)
Mobles Eume – Construcións Guerreiro (2-2)

A_Cepa_2009-10.jpg
A Cepa 2009-10


Encabeza a clasificación Construcións Guerreiro, con 40 puntos, seguido de Farmavida con 38 (un partido menos), Santaballés, con 34; As Pontes 74, con 31 puntos; A Cepa (26), Frutas Luis (26), Mobles Eume (25), Xuntanza (23), Los Bidones (9), La Galaxia (8) e pecha a clasificación MMYPEN con 4 puntos.
Continúa como máximo goleador Fernández (A Cepa), con 24 goles, seguido por Toni (Mobles Eume) con 21. Con 13 goles están Vila (As Pontes 74) e Michel (Frutas Luis); con 12 Salido (Farmavida) e con 11 goles Mariño (Farmavida) e Michel (Cons. Guerreiro). Luis Pico, de Farmavida, segue a ser o porteiro menos goleado con 19 tantos encaixados en dezasete partidos.

Construcions_Guerreiro_2009-10.jpg
Construcións Guerreiro 2009-10

A vindeira fin de semana dispútase o xornada 21ª con estes enfrontamentos:
A Cepa – Los Bidones (27, 19,00)
La Galaxia – Mobles Eume (27, 20,00)
Farmavida – As Pontes 74 (28, 10,00)
Santaballés – Xuntanza (28, 11,00)
Construcións Guerreiro – Frutas Luis (28, 12,00)
Descansa: MMYPEN
Sábado 27 (18,00): Farmavida – Santaballés
Nova cortesía de A.F.
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg
veteranos01.jpg

También podría gustarte
Comentarios