Amigus
As Pontes

FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B”: FISTERRA FS – O ESTEO FS (7-5)

Polémico partido o disputado en Fisterra entre o equipo local e O Esteo con resultado final de 7-5 a prol dos locais. Un cento de espectadores nas gradas no polideportivo municipal de Fisterra, que durante todo o partido increparon ós xogadores e afeccionados ponteses.
A falta de tres xornadas para o remate da competición, O Esteo dixo practicamente adeus ó título de liga logo da súa derrota en Fisterra, nun partido cun ambiente moi tenso e moi caldeado, tanto nas gradas como na pista, despois do resultado de 6-0 do encontro da primeira volta nas Pontes, ó que hai que engadir a mala actuación da parella arbitral, que ós oito minutos de xogo expulsaron con vermella directa ó porteiro pontés Ito, por tocar coa man un balón fóra da área, cando tiña que ser tarxeta amarela. Isto influíu no xogo dos ponteses, que ó descanso perdían por 3-0 e ós nove minutos do segundo tempo por un claro 6-1. A partir de aí o Esteo sacou a relucir o seu bo xogo dominando completamente o encontro ata poñerse nun apertado 6-5 e tendo claras ocasións para lograr a vitoria, sen embargo, serían os locais os que a falta de dez segundos para o remate do partido poñían o 7-5 definitivo.


FISTERRA FS: Rafa, Perce, Miguelón, Dudo, Nando –cinco inicial- Santi, Aítor, Marco e Mario.
O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Anxo, Juan, David, Diego, Pellón e Javichu.
ÁRBITROS: Protestada labor dos santiagueses Santomil Lapido e González Cárdenas. Expulsaron con vermella directa a Ito, por tocar coa man o balón fóra da área cando tiña que ser amarela. Tamén foron amoestados Dudo, Mario e Rubi.
GOLES: Min. 1 (1-0), Dudo. Min. 11 (2-0), Perce (DP). Min. 19 (3-0), Perce. Min. 22 (3-1), Noé. Min. 26 (4-1), Aitor. Min. 28 (5-1), Dudo. Min. 29 (6-1), Dudo. Min. 30 (6-2), Rubi. Min. 32 (6-3), Pellón. Min. 35 (6-4), Anxo. Min. 36 (6-5), Anxo. Min. 39 (7-5), Aitor.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios