Actividade competitiva do Grupo Xuvenil o fin de semana

Este fin de semana o Clube de Piragüismo desplazouse a duas competicións. O sábado disputouse a II Competición da Copa Galega de Travesías,Ríos e Maratón na localidade pontevedresa de O Grove, onde o clube tan só desprazou unha embarcación das duas coas que conta (debido a que o C2 formado por Hernán e Ricardo tivo compromisos académicos) polo que tan só presentou na linea de saida o k2 de Carlos Pedreira Carneiro e Antonio Polo Campello,que unha vez máis demostraron a súa valía ó alzarse cun triunfo tras descolgar a todos os seus rivais e facendo os últimos kms. da proba en solitario.
Por outra parte o equipo de kayak-polo desprazouse as instalación de Puerta del Hierro (Madrid) onde disputaron a terceira xornada da liga nacional de kayak-polo nos días do sábado e domingo, acadando un parcial moi alentador de catro victorias e tan só unha derrota, vencendo algúns dos equipos que se atopan ó frente da clasificación, colocándose así na zona media-alta da taboa clasificatoria.

También podría gustarte
Comentarios