Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

CD AS PONTES PREFERENTE: O As Pontes sacou un importante punto no sempre difícil campo do Viveiro. O resultado final foi de empate a un gol, con Bossa como autor do tanto pontés ós sete minutos de xogo, pero un minuto máis tarde empatou o Viveiro de penalti. A pesar delo, os ponteses seguen de líderes cos mesmos puntos que o Mesón do Bento, que gañou en Laracha (0-1), mentres que o Dorneda empatou no seu campo co Sporting Sada (2-2) e o Betanzos, que baixou moito nas últimas xornadas, perdeu no García Hermanos por 1-2 diante do Galicia de Mugardos.
A vindeira xornada pode ser decisiva para as dúas prazas de ascenso, xa que os ponteses gañando en Padrón ó Flavia, o Mesón do Bento ó Boiro e un tropezo do Betanzos en Foz e do Dorneda en Mugardos, o equipo do Poboado e o do concello de Ordes terían un pé e medio na Terceira División. Logo quedaría a loita polo título de liga entre os dous, o cal decidiría no Poboado na penúltima xornada de liga.
cd_aspontes_01.jpg


CD AS PONTES FEMININO: Vitoria do As Pontes feminino no partido de ida da copa de Galicia ó gañar por 1-0 ó Boiro, equipo de superior categoría e con xogadoras máis veteranas e con máis experiencia. Patri Dopico, ó transformar un penalti, foi a autora do gol do seu equipo. O domingo que ven será o partido de volta en Boiro. Pola súa banda, o conxunto B colocouse de líder ó gañar (3-1) no Poboado ó Cariño, con goles de Nato, Chipy e Janira. As pontesas son primeiras con doce puntos, dous sobre o Cariño. Nas vindeiras xornadas visitan a Ortigueira e Meirás e reciben no Poboado ó Aspirantes.
CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil deixou escapar dous puntos nos minutos finais do partido que o enfrontaba a un dos mellores conxuntos do grupo, o Conxo, equipo practicamente xa ascendido á División de Honra xuvenil. Os de Carballo gañaban por 3-1 a falta de cinco minutos para o final, pero en dous erros defensivos os santiagueses lograron o empate definitivo. Pola súa banda, o conxunto B segue no seu bo momento de xogo e gañaron (2-0) no Poboado ó Racing San Pedro con dous goles de Fernando.
CD AS PONTES CADETE: Non anda fino o As Pontes cadete na primeira fase da copa, pois logo da derrota diante do Galicia de Mugardos na primeira xornada, na segunda empate na casa do Val (1-1), con gol de Álex. Na vindeira xornada recibe no Poboado ó Cedeira.
CD AS PONTES INFANTIL: Goleada do equipo infantil na casa do Cariño por un contundente 1-8 (Enrique, 3; David Rey, 2; Álex, 2, e Diego), un resultado que o mantén en posto de clasificación para a seguinte fase a dous puntos do Racing de Ferrol, equipo que ten que visitar o Poboado. O As Pontes xógase o seu pase para a segunda fase o vindeiro sábado en Meirás.
CD AS PONTES ALEVÍN: Vitoria e derrota na primeira xornada da fase previa da copa en categoría alevín. Triunfo do As Pontes A no Poboado diante do Rápido de Neda (4-3) con dous goles de Raquel e un de Dani e Álvaro. Derrota do conxunto B en Mugardos perante o Galicia por un claro 5-1, con gol de Jandro Canosa. Este sábado o As Pontes A xoga en Perlío e o As Pontes B recibe no seu campo ó Val.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Continúa a liga na categoría benxamín, onde houbo un empate do conxunto A no Poboado diante do San Sadurniño (2-2). Goles de Sergio Otero e Bruno. Derrota do As Pontes B en Cariño por 6-1, con gol de Alejandro. Este sábado o As Pontes A xoga en Mugardos e o As Pontes B recibe ó Portuarios.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Mereceu mellor sorte o As Pontes B prebenxamín no seu enfrontamento co Galicia de Caranza, xa que os pequerrechos ponteses, que melloraron moito ó longo do campionato, realizaron un bo partido, pero ó final caeron pola mínima (5-6). Joan foi autor de tres goles, sendo Alejandro e Edgar os protagonistas dos outros dous. Nesta xornada descansou o prebenxamín B.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: VIVEIRO CF – CD AS PONTES (1-1)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – CD CONXO (3-3)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES B- R.SAN PEDRO (2-0)
FEMININO (Copa): CD AS PONTES – CD BOIRO (1-0)
FEMININO COMARCAL: CD AS PONTES B – CD CARIÑO (3-1)
CADETE: SD O VAL – CD AS PONTES (1-1)
INFANTIL: CD CARIÑO – CD AS PONTES (1-8)
ALEVIN A: CD AS PONTES A – SD RÁPIDO NEDA (4-3)
ALEVIN B: GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES B (5-1)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – CD SAN SADURNIÑO (2-2)
BENXAMIN B: CD CARIÑO – CD AS PONTES B (6-1)
PREBENXAMIN A: Descansou
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA B (5-6)
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios