Amigus
As Pontes

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS. CD AS PONTES 1 – RACING CLUB DE FERROL SAD 1.

Partidazo este domingo á mañá no Evaristo Puentes

Visita do Racing de Ferrol, Campión Galego de todo, aínda que esta campaña non atravesa o seu mellor momento, e aínda que nin Pablo Rey nin Marcos Álvarez hoxe non foron da partida, vellos coñecidos como Sueiro, Garrido, Maceira, ou xogadores con pasado azul coma Mella, Grueiro e Moncho López visitaron o Evaristo Puentes.

O encontro semellaba decantado a prol dos verdes na primeira metade tras unha perda de balón dos locais no medio campo que conlevou a unha entrada tardía sancionada con penalti, cartón vermello, e 0-1 do vigués Maceira.

Pero os azuis tiraron de casta, e cun menos empataron na segunda metade por medio de Adrián Martínez, e aguantaron os últimos vinte minutos como gato panza arriba, rescatando o orgullo e un punto moi valioso para ser décimo terceiros con oito puntos, con próxima visita ao ascendido Bribes de Cambre, que suma 16.

Xogaron por un equipo de Felipe Mieres hoxe de gala, Hugo, Héctor, Noé, Jordi, Justo, Iván Benavente, Alejandro, Fermín, Chote, Rivas, Dani; Toni, Patiño, Púas, Guille, Adrián, Jordano, Couso, Santi, Iván Dobarro, Javito, Juan.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.