Amigus
As Pontes

FÚTBOL SALA – PRIMEIRA NACIONAL “B”: O ESTEO FS – UNIDADE DE FENE (5-2). O ESTEO ASCENDE Á PRIMEIRA NACIONAL A

O Esteo logrou o ascenso á Primeira Nacional A tras gañar na derradeira xornada de liga ó Unidade de Fene por 5-2 en partido xogado no pavillón municipal da Fraga ante uns trescentos espectadores. Ó descanso os locais vencían por 2-1.
O conxunto pontés logrou por primeira vez na súa historia o ascenso á primeira nacional A ó quedar como mellor segundo clasificado dos grupos galego, asturiano e castelán leonés. A partir de agora a xunta directiva está a estudar se é factible militar na vindeira temporada na categoría de bronce do fútbol sala español debido a que os custes desta categoría suporán un importante incremento no presuposto do club. Nestes días iniciarán os contactos co concello e con firmas da localidade que estean dispostas a apoiar este novo proxecto do Club pontés, que co nome de Autos Puentes xa militou nesta mesma categoría na década dos anos noventa do pasado século.
En canto o partido, sinalar que o xogo estivo moi igualado ó longo dos corenta minutos, pero cunha maior definición por parte dos ponteses. No descanso, os xogadores do Esteo amosaron unha pancarta na que se poñía “GRACIAS AFICIÓN” e o capitán do equipo, Fran, entregou a Jaime unha camiseta asinada por tódolos compoñentes do Club, xa que este foi o seu derradeiro partido, posto que se retira do fútbol sala activo.
esteo_1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Fran, Jaime, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Diego, Anxo, Juan e David.
UNIDADE FENE: Coco, Louzán, Peque, Gerveno, Jorgito –cinco inicial- Rego, Dani e Sebas.
ÁRBITROS: Fiaño López e Menéndez Nista, da Coruña. Amoestaron ós visitantes Gerveno e Sebas.
GOLES: Min. 4 (0-1), Louzán. Min. 5 (1-1), Jaime. Min. 11 (2-1), Juan. Min. 36 (3-1), Anxo. 37 (3-2), Jorgito (dobre penalti). Min. 38 (4-2), Noé. Min. 40 (5-2), Rubi.
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios