Amigus
As Pontes

CAMPEONATO GALEGO DA CLASE VAURIEN NO LAGO DE AS PONTES

Os vindeiros 29-30 de abril e 1 de maio, organizado polo Club de Vela Fluvial de As Pontes e a Real Federación Galega de Vela coa colaboración do Concello de As Pontes, disputarase no lago de As Pontes o Campeonato Galego da Clase Vaurien deste ano 2023.
Está confirmada a presenza dunhos 20 barcos, destacando a presenza  entre os regatistas do actual Campeón de España absoluto da clase, o vigués  Tone Pérez que nesta ocasión navegará acompañado da actual Campeona de España femenina a poiense Paula González.

Entre os clubes participantes visitarán As Pontes entidades deportivas como as viguesas do Real Club Náutico de Vigo e Club Marítimo de Canido, o Náutico Rodeira de Cangas, os veciños do Club Náutico Ría de Ares, o Real Club Náutico de A Coruña, ou a guardesa do Club Deportivo Alagua.

Polo bando local participarán 4 embarcacións compostas polas tripulacións polos xuvenís Carla Pérez e Carlos Lefler, así como Nano Torres que o fará coa súa irmá Marta Torres (RCN A Coruña) ó timón. Na categoría absoluta un clásico como Roi García coa súa habitual proel Noemí Casal (CN Ría de Ares) así como Javier de Villota e Alba Díaz (Marina Coruña) de seguro que plantexarán cara ás poderosas tripulacións do sur de Galicia. Nesta flota local pontesa serán baixas sensibles nesta regata os xuvenís Javier Martínez que, xunto con Nano Torres, ven de facer un destacado 4º posto xuvenil no Campeonato de España disputado en Semana Santa en Laredo, e María Lefler.

Durante as tres xornadas de competición programáronse o desenvolvemento de ata 9 probas, tres por cada día de competición das que, polo menos, terán que completarse un total de 2 para dar por válido o Campeonato Galego de Vaurien 2023.

A oficina de regatas abrirá as súas portas o sábado 29 de abril ás 10 da mañá, momento a partir do cal os regatistas deberán de confirmar a súa inscripción. Ás 13:00 hs está prevista a reunión de patróns e ás 15:00 hs., se as condición meterolóxicas o permiten, darase bocinazo de saída á primeira manga do campeonato.

O domingo 30 e o luns 1 de maio o sinal para a saída da primeira manga está prevista para as 11:30 hs. Este último día quedando para as 17:00 a entrega de premios coa presenza de autoridades locais e federativas.

También podría gustarte
Comentarios