Amigus
As Pontes

Serafín Fontao e Carlos Mieres dan as convocatorias para o Mundial de Kaiak Polo

Os adestradores ponteses Serafín e Carlos facilitaron esta fin de semana a lista de convocados para o Campionato do Mundo que se celebrará en Milán do 1 ó 5 de Setembro.
Esta será a novena edición dun Mundial no que o maior logro estatal foi o título sub21 masculino en 2004, co adestrador pontés Roberto Rivera Rego como protagonista. Tamén a selección sub21 gañou o Europeo en 2005.


O seleccionador absoluto Fontao, xunto con Jorge Huertas, chamou a Vicente Claramonte, Juan Carlos Corbella, Álvaro Hijano (Castellón), Adolfo Recio, Alberto Carlos Jiménez (Málaga), Ángel Gordo (Retiro) e Mario Perez (Ciencias).
Pola súa banda o seleccionador sub21, Mieres, convocu a Alejandro Gordo, Jose María Barahona, Víctor González (Retiro), Rubén Quintana, Rafael Calzada (Valdepeñas), Pol Ferre (Banyoles) e Alejandro Casal (Rodeira).
A selección senior feminina dirixida por Paloma Cardona formará con Blanca Ramos, Miriam Mateo, Diana Costa (Madrid), Carmen Klett, Regina Calvo (Retiro), Julia Lombao e a ferrolá Paula De la Peña (Ciencias) e Raquel Ramos (Alaquás).
Na sub21 feminina dirixida por Eva Vázquez estarán Mar Andreu, Paula Herráiz (Alaquás), Rocío Sáiz (Ciencias), Teresa Sánchez (Retiro) e as ex xogadoras do Folixa Susana Costas e Alba Fernández (Rodeira).
Os grupos do Mundial serán os seguintes.
SENIOR MASCULINO
Grupo A: Holanda, Nova Zelanda, Suiza, Xapón, Estados Unidos, Canadá
Grupo B: Francia, Alemania, Irlanda, Sudáfrica, Suecia, Rusia
Grupo C: Italia, Gran Bretaña, Dinamarca, China Taipei, Polonia
Grupo D: Australia, Portugal, Bélxica, Brasil, España
SENIOR FEMININO
Grupo A: Gran Bretaña, Italia, Irán, Dinamarca, Singapur
Grupo B: Alemania, Canadá, China Taipei, España.
Grupo C: Francia, Holanda, Xapón, Estados Unidos, Rusia
Grupo D: Nova Zelanda, Australia, Hungría, Suiza
SUB21 MASCULINO
Grupo A: Gran Bretaña, Australia, Xapón, Suiza
Grupo B: Francia, Bélxica, Irlanda, España
Grupo C: Italia, Holanda, Canadá, China Taipei
Grupo D: Alemania, Polonia, Dinamarca, Irán
SUB21 FEMININO
Grupo A: Canadá, Francia, Polonia, España
Grupo B: Holanda, Gran Bretaña, Italia, Alemania
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios