Amigus
As Pontes

Nota de Prensa BNG: O BNG INSTA Á XUNTA A POR EN SERVIZO O CENTRO DE DÍA E AS VIVENDAS

O investimento dos máis de 2’5 M€ iniciouse no 2007 e o prazo remataba en novembro de 2009.
As Pontes, 25 de agosto de 2010.- O Grupo Parlamentar do BNG rexistrou o 5 de xullo dúas preguntas, para resposta oral e escrita, coa finalidade de comprometer á Xunta do PP á posta en funcionamento dos servizos públicos executados nas Pontes por decisión das que foron Consellarías nacionalistas de Igualdade e Benestar e de Vivenda e Solo do bipartito.
O BNG pregunta á Xunta sobre das condicións de aluguer (procedemento de adxudicación, prezo, …) das 32 vivendas, de 1 e 2 dormitorios, cunha superficie útil de entre 40 e 57 m2, con rocho e praza de garaxe, destinadas a mozas/os e maiores.
Nos baixos do edificio atópase un Centro de Día, con capacidade para 30 persoas, no que se deberá ofrecer atención especializada para as persoas maiores. A Xunta do bipartito contemplaba unha xestión pública mediante o Consorcio, coa creación de postos de traballo públicos tamén, modelo que ven de se cambiar ao privado polo PP.
O edificio complétase, tamén na parte baixa, cunha área de servizos comúns (zonas de estar colectivas, cafetería, comedor e lavandería).
A preocupación do BNG basease non só no retraso, tamén no feito de non aparecer nos orzamentos da Xunta partida económica para a dotación, o que xa fora motivo dunha emenda do BNG, que fora rexeitada polo PP.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios