¿Coñeces As Pontes? v2 => resolvemos
Moi certo meus, é a igrexa do Aparral… Noraboa ós premiados 😉

A historia desta segunda edición do xogo ¿Coñeces As Pontes?
Empezamos poñendo a fiestra que hai frente a porta da igrexa. Algo realmente difícil de recoñecer. A maioría da xente xa dicía que era a fiestra dunha igrexa, aínda que houbo quen falou da escultura que hai ó pe do centro de saude.

Despois puxemos o comezo da escaleira que sube ó campanario da igrexa. Seguía a ser complicado e despistou a algúns que falaron da ponte de pedra ó lado da piscina municipal.

O venres puxemos a imaxe do campanario, e despois diso xa empezaron a aparece-las respostas correctas. O primeiro foi Jesús Caaveiro, aínda que antes hugolate fixo unha ‘deixada’ dicindo que xa o sabía pero que non o quería dicir.
Pero o que máis información deu, sen lugar a dúbidas foi Xabier -faltaría máis 😉

A fiestra que vos ensinamos na primeira foto está aquí:

O cruceiro do que falou Xabier, é este:

E o tema da ‘Igrexa de refuxio’ que nos explicou Xabier, está anunciado na propia entrada da Igrexa. E abusando un pouco máis do amigu Xabier, ¿qué quere dicir iso?

Como vedes, os arredores da Igrexa están realmente moi ben coidados.

