PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – AD BUEU (5-4)

Vitoria moi traballada do Esteo, que superou pola mínima o seu compromiso co Bueu. O resultado final foi de 5-4 a prol dos ponteses, que ó descanso gañaban por 2-1. Uns douscentos espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
O Esteo é líder en solitario con nove puntos despois de vencer con moitos apuros ó Bueu, conxunto que amosou contar cun bo equipo e que a piques estivo de levarse os tres puntos de As Pontes. A primeira parte do encontro o xogo estivo moi igualado con ocasións para os dous equipos, chegándose ó descanso con vantaxe local de 2-1, grazas a dous goles de Noé. Na segunda parte o Esteo foise do partido nos primeiros minutos, circunstancia que aproveitou o Bueu para remontar e poñerse con dous goles de vantaxe. Reaccionaron os ponteses facendo unha mellor presión, encerrando ó Bueu na súa parcela e creando claras ocasións de gol. A falta de dous minutos para o remate, un terceiro tanto de Noé sentenciou un partido moi disputado entre dous equipos que loitarán polos primeiros postos da clasificación.
esteo_bueu_01.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Santi, Anxo, Fran, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Noé, Diego e Pellón.
AD BUEU: Berto, Esteban, Rama, Torres, Rafa –cinco inicial- Noel, Mon, Adrián, Juanjo e Toño.
ÁRBITROS: Martín Vez e Pena Pereira (Ferrol). Amoestaron con tarxeta amarela a Santi, Gerardo, Pellón e Berto.
GOLES: Min. 5 (1-0), Noé. Min. 12 (1-1), Torres. Min. 17 (2-1), Noé. Min. 24 (2-2), Noel. Min. 27 (2-3), Mon. Min. 31 (2-4), Noel. Min. 33 (3-4), Santi. Min. 36 (4-4), Diego. Min. 38 (5-4), Noé.
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
esteo_bueu_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios