Nota de Prensa BNG: JORQUERA SOLICITA A COMPARECENCIA DO MINISTRO DE INDUSTRIA PARA QUE EXPLIQUE A SITUACIÓN DE VULCANO E A DAS CENTRAIS DE AS PONTES E MEIRAMA POLA APLICACIÓN DO DECRETO DO CARBÓN

O deputado do BNG censura a indiferenza de Sebastián ante dous problemas de grande calado no sector do metal de Galiza e que poñen en serio perigo moitos postos de traballo
Madrid, 11 Outubro 2010. O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera e a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, solicitaron hoxe a comparecencia urxente do Ministro de Industria, Miguel Sebastián, para que informe da situación pola que atravesa o estaleiro Factorías Vulcano e explique as razóns polas que a sociedade PYMAR, participada pola Administración central, se nega a conceder unha liña de crétido a este estaleiro.
Ademáis, queren que o titular de Industria dea conta das consecuencias que a aplicación do Decreto do Carbón vai ter nas comarcas mineiras de As Pontes e Meirama ante a negativa do Goberno a atender a demanda de Galiza para que se modifique este Decreto.


A grave situación de Vulcano e das centrais de As Pontes e Meirama
Respeito a Vulcano, é preciso ter en conta que, despois dun esforzo importante por parte dos traballadores e traballadoras e da dirección da empresa de Vulcano para seguir no proceso de saneamento da empresa, agora atópanse coa negativa de PYMAR de non conceder avais para unha liña de crédito. Ademáis, atópanse coa non adhesión ao convenio da xunta de acredores de Astilleros Juliana que permitiría a súa venda e liberar cargas para mellorar a situación financeira. Estas negativas impiden avanzar no proceso iniciado e eliminar os impedimentos que repercuten na capacidade produtiva deste estaleiro e no mantemento do emprego.
PYMAR é unha sociedade que está participada, xunto aos estaleiros privados, polas administracións central e autonómicas. Jorquera considera que este é un paso máis no desmantelamento do sector naval galego.
No que atinxe ás centrais térmicas de As Pontes e Meirama, coa súa viabilidade futura gravemente ameazada pola aplicación do Decreto do Carbón, Jorquera subliña que “demandaremos ao Ministro de Industria unha modificación do Decreto para evitar os efectos negativos na actividade económica vinculada ás dúas centrais términas.

También podría gustarte
Comentarios