Amigus
As Pontes

PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: CD MOSTEIRO BEMBRIVE – O ESTEO FS (4-1)

Primeira derrota do Esteo na súa visita a Vigo, onde perdeu diante do Mosteiro Bembrive por 4-1. Ó descanso os locais gañaban por un solitario gol. Un cento de espectadores nas gradas do polideportivo de Bembrive.
O Esteo perdeu o liderado trala derrota na casa do Bembrive vigués, equipo novo na categoría. O partido estivo moi igualado e decidiuse en xogadas claves na segunda parte. No primeiro tempo houbo ocasións para os dous equipos, pero tan só subiría ó marcador o tanto marcado polos locais ós dous minutos de partido. Nada máis comezar a segunda chega o segundo tanto local nun disparo de Fon que desvía un xogador e despista ó meta pontés. O Esteo logra acurtar diferenzas co tanto de Rubi. Sen embargo, cando mellor estaban xogando os ponteses chega a rigorosa expulsión de Javichu, polo que o Esteo xoga durante dous minutos cun xogador menos, circunstancia que aproveita o Bembrive para marcar o 3-1 por mediación de Fon. Nos minutos finais o cadro pontés saca porteiro-xogador tratando de igualar o encontro, pero os vigueses defendíanse moi ben e a cinco segundo do remate marcan o definitivo 4-1, tanto obra de Perlita. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Ventorrillo coruñés, novo na categoría.


MOSTEIRO BEMBRIVE: Marcos, Gesteira, Cameselle, Pitu, Fon –cinco inicial- Berni, Perlita, Jacobo e Pedro.
O ESTEO FS: Javichu, Santi, Gerardo, Noé, Rubí –cinco inicial- Fran, Diego, Anxo, David, Pellón e Ito.
ÁRBITROS: Mala arbitraxe dos pontevedreses Mouco Varela e Castro Maquieira. Amoestaron a Gesteira, Cameselle, Noé, Fran e David e expulsaron a Javichu por tocar o balón fóra da área coas mans.
GOLES: Min. 2 (1-0), Gesteira. Min. 21 (2-0), Fon. Min. 25 (2-1), Rubi. Min. 33 (3-1), Fon. Min. 40 (4-1), Perlita.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios