Nota de Prensa CIG: A Executiva Confederal da CIG traslada a súa xuntanza ordinaria até As Pontes

A Confederación Intersindical Galega acordou trasladar mañá, martes 19 de outubro, a reunión ordinaria da Executiva Confederal até o local da central en As Pontes, en solidariedade cos dous compañeiros que están a desenvolver unha folga de fame para demandar unha xuntanza co Ministerio de Industria a respecto das consecuencias do Decreto do Carbón.
Ás 10:00 horas, os/as membros da Executiva Confederal achegaranse até a caravana instalada diante das portas do Concello, onde manterán un encontro informal con Fernando Branco e Alberte Amado.

También podría gustarte
Comentarios