A pesar de ser máis coñecido pola súa faceta piraguistica, Carlos Mieres foi un excelente futbolista que pasou por tódalas categorías inferiores do antigo Endesa As Pontes, desde alevíns ata xuvenís. Era un centrocampista ofensivo e aportaba moitos goles ó equipo ó final de cada temporada. Mesmo chegou a xogar no primeiro equipo nunha das mellores épocas do cadro local. Tamén foi segundo do seu irmán Felipe cando este adestrou ó conxunto azul hai pouco tempo.
Xa dentro do mundo do Kaiak Polo, deporte no que aínda segue en activo, Carlos foi, entre outras cousas, 3 veces campión galego e 2 de España, chegando a ser varias veces internacional coa selección española xunto a Serafín Fontao, que disputou cinco Europeos e cinco mundiais, e o campión mundial sub21 como adestrador Roberto Rivera. Participou no Europeo de Madrid 2005, obtendo a cuarta plaza, a mellor da historia do Kaiak senior estatal, e tamén estivo en dous Mundiais, Xapón 2004 (séptima plaza) e Holanda 2006 (novena plaza). Estivo xunto a Iván Pena nos World Master Games disputados en Australia en 2009, os oficiosos Xogos Olímpicos para deportes minoritarios, nos que obtiveron a cuarta plaza. Actualmente adestra ó combinado sub21 español co que quedou 5º no último Mundial disputado hai dous meses en Italia. Para o ano que ven compiten no Europeo, en casa, en Madrid, e agardan loitar polas medallas.
Novas
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE FONDO CATEGORÍAS PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN.
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 1ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
- O Dragon boat de Folixa na TVG
- Copa de España Dragon Boat Nautico Folixa
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS.
- Curso de micro:bit
- ALBA ABRIL E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES, CAMPEONAS DE ESPAÑA FEMENINAS
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K-1 NA CATEGORÍA INFANTIL.
- Novo récord Galego de Gonzalo Iglesias Gómez
- LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO
También podría gustarte
Comentarios