PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA: CR FENDETESTAS 24 CR MAREANTES 0

O C. R. Fendetestas volve meterse na pelexa polo ascenso logo de derrotar ó C. R. Mareantes por 24- 0.
Os ponteses póñense agora no grupo de tres equipos que, cunha victoria de diferencia pugnan pola segunda praza, que dá acceso ó play-off de ascenso.
O partido diante dos pontevedreses deparou un choque moi pechado, con moito xogo de dianteira.
Os da casa tiveron que esmerarse nesta faceta na que os visitantes os superaban en kilos, pero foron quen de dar dinamismo ás agrupacións para logo levar o balón a campo contrario con rápidas transicións á liña.
Coa garantía de xogar en terreo rival, sacaron partido dos golpes de castigo para ir sumando puntos ó pé ata irse ó descanso cun 12- 0 fraguado en catro transformacións.
fendetestas_001.jpg


Na segunda metade o físico comezou a pasar factura a un Fendetestas sen relevos para a dianteira, e que tivo que acabar empregando a homes da liña no paquete.
Con todo, os branquinegros esgotaron as súas opcións nunha racha de domínio na que pecharon ós ponteses na súa 22 durante perto dun cuarto de hora, sen seren capaces de anotar.
Nunha contra chegou o ensaio que xa sentenciaba definitivamente o partido, e máis coa posterior transformación que deixaba o partido nun claro 19 -0 a só 15 minutos para o final.
A partir de aquí o Fendetestas limitouse a manter a posesión e propoñer un ritmo lento para evitar que se puidera achegar tan sequera ó bonus defensivo un rival que acabou por endurecer o xogo.
Nunha desas situacións Toño sería expulsado, polo que os verdes acabaron o partido con 14 homes, anque xa tan só quedaban 5 minutos e os catro puntos quedaron na casa.
Xogaron Sergio (Quique 76´), Moncho, Toño, Alberto, Rayito, Barbas ( Huesy 41´), Miguel, Moeche, Kiko, Carrete, Robert (Pablo 67´), Antón, Álvaro, Lois (Miguel 78´), Frecha.
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
Nova cortesía de Xose Cendán e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios