Amigus
As Pontes

Presentación da obra teatral ‘A NÉBOA AMARELA’

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Hoxe, ás 8 da tarde, na Biblioteca Municipal, César Candelas e Rubén Ruibal presentan A NÉBOA AMARELA, obra teatral baseada na canción Black Diamond Bay, de Bob Dylan, e publicada por Biblos este mesmo ano. A presentación está organizada polo Club de Lectura, e durante a mesma os autores terán a oportunidade de contrastar opinións sobre a súa obra cos lectores da mesma que se acheguen á presentación.


Rubén Ruibal formou parte durante dez anos da compañía Teatro do Aquí, colaborando con Roberto Vidal Bolaño, e ten publicado outras obras como Delimvois (Anaya, 2009), Onde andas, Karl (Embora, 2009) ou Limpeza de sangue (Xerais, 2006), texto polo que recibiu o premio Alvaro Cunqueiro dese ano e, no 2007, o Premio Nacional de Literatura de España en modalidade dramática. Na actualidade é coordinador da Aula de Teatro da Universidade da Coruña.
No 2009, Rubén Ruibal e César Candelas foron galardoados co III Premio de Teatro Radiofónico do programa Diario Cultural da Radio Galega pola obra Peter Buckley, un firme traballador da derrota.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios