Amigus
As Pontes

Politica de tratamento de imaxe

 

Política de Cesión de Tratamento de Imaxes y Normas para a Asociación Informática Amigus

Responsable do Tratamento de Datos:

  • Nome: Asociación Informática Amigus
  • Dirección: Plaza do Hospital 14, 15320 As Pontes de García Rodriguez
  • Correo de contacto: amigus@amigus.org

Cesión de Tratamento de Imaxes: A través deste documento, o socio cede voluntariamente os dereitos de tratamento das súas imaxes á Asociación Informática Amigus.

Finalidade da Cesión: A Asociación utilizará as imaxes cedidas con fins exclusivamente relacionados coa súa actividade. Isto inclúe, pero non se limita a, compartir as imaxes na páxina web oficial da Asociación e en plataformas de redes sociais asociadas. Tamén se poderán compartir as imaxes con terceiros colaboradores ou patrocinadores da Asociación, sempre co obxectivo de promover as actividades e eventos relacionados coa asociación.

Normas a Cumprir:

  1. Respeito á Privacidade: O socio comprométese a non compartir imaxes que poidan invadir a privacidade doutras persoas sen o seu consentimento explícito.
  2. Contido Apropiado: O socio comprométese a non compartir imaxes que conteñan contido ofensivo, discriminatorio ou ilegal.
  3. Autorización de Menores: No caso de imaxes que inclúan a menores, o socio certifica que obtivo a debida autorización dos tutores legais para a cesión dos dereitos de tratamento das imaxes dos menores.
  4. Autorización dos Tutores Legais: Os tutores legais dos menores autorizan expresamente o uso das imaxes dos seus fillos por parte da Asociación, tal como especificado nesta política.

Limitación da Cesión: Esta cesión é válida polo período de duración da afiliación á Asociación Informática Amigus e poderá ser revogada polo socio mediante notificación por escrito o correo amigus@amigus.org

Dereitos do Socio: O socio mantiña todos os dereitos legais sobre as súas imaxes, excepto os dereitos de tratamento cedidos á Asociación. O socio pode revogar esta cesión en calquera momento mediante notificación por escrito á Asociación.

Cambios na Política de Cesión de Imaxes e Normas: Esta política de cesión de tratamento de imaxes e normas pode ser actualizada para reflectir cambios nas prácticas de tratamento de imaxes da Asociación. A última actualización foi o 24/01/2024.