Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Moi boas novas as que nos chegan das terras de Carballo co triunfo do As Pontes de Terceira División ante o Bergantiños por 0-1, gol do futbolista da selección galega Jordi. Os de Alberto López sitúanse agora nunha zona algo máis cómoda, séptimos con 35 puntos, 13 por riba do descenso e a 7 da promoción de ascenso. A semana que vén reciben no Poboado ó Alondras de Cangas.
Peor resultado traen os xuvenís de Liga Nacional de terras ourensans onde caeron ante o cuarto clasificado, o Pabellón, por 5 a 0. Sen desexar o mal alleo, pero estando o Álcazar moi preto de consumar o seu descenso, agora mesmo descenden cinco conxuntos a Liga Galega e hai seis equipos, Travesas (19), Chantada (18), As Pontes (17), San Roque (16), Areas (15) e Montañeros B (14) que están en unha dura loita por ser o único equipo que consiga a salvación. Bergantiños, séptimo pola cola con 23 está algo máis desafogado. A semana que vén visita o Poboado o undécimo clasificado, o Ural coruñés que ten 26 puntos. Os de Carballo necesitan imperiosamente os tres puntos e o fervor do público.
futbol.jpg


Terceira derrota consecutiva do xuvenil da Liga da Ría, nesta ocasión ante o Cebarca por 1-0, o que deixa ós de Javi en quinta posición e coa liga máis interesante que nunca. Ánimas é líder con 48 puntos, o Perlío que venceu a semana pasada no Campo do Poboado ten 47, porque un Narón que está imparable venceulles nos Pinares 0-2 e xa se sitúan con 45 puntos, os mesmos que ten o Cedeira. Con 42 están os azuis e os de Cerdido. Outro partidazo no Campo do Poboado o vindeiro domingo, ás 11:00, As Pontes-Ánimas, os tres puntos serían claves e sobre todo recibir ó líder ferrolán co campo cheo.
Estreouse na Liga Comarcal o segundo equipo feminino, as máis noviñas, unha Liga de Fútbol 8, cos cinco equipos que xa estaban o ano pasado, As Pontes, Cariño, Meirás, Aspirantes e Ortigueira, e coas incorporacións de O Val, Narón e Cedeira. Precisamente as valexas foron o primeiro rival do cadro azul esta mañá no Poboado, e aparte de que parece que nesta Liga Local se vai a repetir a tónica da Segunda Autonómica, é dicir, neniñas azuis contra rivais mocetonas, as de Narón viñeron a As Pontes con moitas das integrantes da primeira plantilla que milita na Primeira Autonómica, e gañaron por 2 a 4. Adiantaronse na primeira metade 0-2, recurtou distancias Janira, tras un tiro seu que despexa levemente unha defensa, o balón vai ó pau e acaba entrando. Na segunda metade ampliaron o marcador as visitantes e Cris Moirón poñía o 2 a 3 tras un saque de córner de Janira, no que o balón tras rebotar en Cris acaba entrando manseniñamente na porta visitante. Pero xa preto do final as valexas impuxeron a súa maior corpulencia, calidade e experiencia e anotaron o 2-4 definitivo. Moi ben no seu estreo o xovencísimo equipo pontés de Salido e Pita que xogou con Alba, sensacional no seu debut na portería, Andrea Cabarcos, Sabela, Patri Rochela, Janira, Eloise, Cris Moirón, Natalia, Carmela, Laura, Uxía, Antía e Cris García.
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
femenino_01.jpg
Moi boas, boísimas, novas nos chegan desde Narón, co triunfo do equipo infantil na casa do líder, 1-2, ambos tantos anotados por Brais Blanco. Nun partido no que os azuis se xogaban parte das súas escasas opcións de ser campións de Liga, conseguiron os tres puntos e agora mesmo con 16 partidos xogados por cada equipo, o Narón é líder con 40 puntos, seguido do As Pontes que ten 38. A falta de catro xornadas pra o remate de Liga os azuis necesitan gañar tódolos partidos e que os naroneses perdan alomenos un, pois o goal average favorecelles tras vencer no Poboado 0-2. Os azuis reciben en casa o sábado que vén ó Cedeira.
Sensacional e meritorio triunfo tamén do Alevín B, que gañou nada máis nin nada menos que na casa do San Sadurniño (2-3), o segundo clasificado da Liga, e que conta nas súas filas co porteiro suplente da selección de Ferrol, Diego Sanjurjo, e o dianteiro titular, David Varela “Roni”. Nun grupo terceiro de altos quilates é líder o todopoderoso SRD Portuarios, que aglutina case a metade dos compoñentes da selección ferrolá, con 46 puntos, o Sansa ten 40, e o As Pontes é séptimo con 26 puntos. Tres goles de Sergio. O sábado que vén reciben ó Canido.
Pola súa banda o Benxamín A sumou a súa undécima victoria tras gañar 5-1 ó Barallobre. Afianzan a terceira posición con 33 puntos e a semana que vén xogarán en Cariño contra o séptimo clasificado. Tantos anotados por Jose (2), Jorge, Alejandro e Dani Dasilva.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
Gran triunfo tamén, o cuarto da temporada, para o Benxamín B, que gañou 3-4 en Ferrol ó EFR Ferrol. Seguen na oitava posición con 13 puntos e a semana que vén visitará O Poboado o Cedeira, que vai un posto por debaixo. Goles anotados a pares por Xan e Nono.
Bo empate do Prebenxamín A ante o terceiro clasificado, o Perlío, 1-1. Son quintos con 26 puntos, e a semana que vén xogarán contra o séptimo, o Cedeira B. Marcou o gol Jandro (foto).
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 6-0 en Ferrol ante o Galicia de Caranza B. O sábado que vén chega a As Pontes o penúltimo clasificado, o Cedeira.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios