Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Sensacionais noticias nos chegan desde Monforte onde o equipo feminino logrou unha contundente victoria ante un conxunto complicadísimo como é o Monte Forte por 0-4. As de Lugo a semana pasada venceran ó Tordoia por 1-5. Xunto ó triunfo o ano pasado ante o Pastoriza por 0-2, un dos partidos máis históricos nas tres temporadas das azuis. O equipo de Salido ponse líder con 6 puntos, magoa do complicadísimo grupo no que caeron e lástima que quedan aínda catro xornadas e deberán asegurar polo menos un par de victorias si queren ser un dos dous conxuntos que accedan á seguinte fase. Pra a semana que ven recibirán ó Tordoia, que anque pareza o rival menos forte do grupo, hai poucas semanas derrotou ó As Pontes por 3 a 0, asi que non será doado sacar os tres puntos nin moito menos. Hoxe no partido xogado no Campo Luis Bodegas e arbitrado por Cristian Penas Vilaboa xogaron Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia, Lara, Clara, Noelia, Lau (Alba 77´), Carlota e Carliña (Candela 65´). Marcaron a talentosa Carlota (12´), o todo terreo Lau (53´) e a prometedora Clara fixo dobrete (24´e 70´). (Xentileza de Emma)
cativas_01.jpg


cativas_01.jpg
cativas_01.jpg
cativas_01.jpg
cativas_01.jpg
Gran victoria do Xuvenil de Liga da Ría 0-1 en Meirás, gol de Manu. Ánimas ten 66 puntos, Cedeira que venceu ó Narón 1-0 ten 63, os mesmos que Perlío, a falta de cinco xornadas este tres equipos semella que se van xogar as dúas prazas de ascenso, logo con 57 está o Narón BP e As Pontes 55. A semana que ven reciben ó Numancia de Ares.
Xenial o cadete de Iván Rodríguez que gañou 4-1 ó Aspirantes de Ferrol, anque desgraciadamente solo lles serviu para descolgar un pouco ó Meirás que perdeu 4-0 en Ares, pois o resto dos seus rivais non so gañaron senon que ademáis o fixeron con contundencia. Así a clasificación queda Caranza 57, As Pontes 52, Eume 49, Ortigueira 47, O Val 46 e Meirás 44. A semana que vén terán un difícil compromiso en Cadaval ante o Narón. Marcaron o media punta Galego (2), o capitán Tiny e o ex extremo-dianteiro reconvertido a bo central Gonza.
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
Empate con sabor agridoce do segundo equipo feminino ante o Narón Balonpé Piñeiros. As azuis de Salido e Pita rematan a primeira volta con un saldo de 3 victorias, 1 empate, e 3 derrotas, 17 goles a favor por 14 en contra. A pesar de que comezaban dominando as visitantes, Chipy, a goleadora do fútbol 8, abría a lata, que máis tarde unha inmensa Nato de falta ampliaba. Sen embargo pouco antes do descanso as rivais recurtaban distancias. No segundo tempo, outra vez Nato de falta poñía o 3 a 1. Pero agora que rematou a primeira volta queda confirmado, todas as rivais do As Pontes suman máis anos, nalgúns casos, bastantes máis, son maiores, e nos últimos minutos dos encontros acabase impoñendo o físico e a resistencia. As visitantes tiveron dúas ocasións moi boas, tamén Chipy, e Nato, de falta estivo a un paso do hat trick, pero foron as locais con dous goles en propia meta, o segundo no último minuto, en sendos intentos de despexe, que poñerían o definitivo 3-3 no marcador. Xa no desconto o fútbol non foi xusto e Nato (foto) enviou un balón á cruceta. Xogaron Alba, Chipy, Sabela, Patri Rochela, Nato, Antía, Janira, Lía, Carmela, Laura, Uxía e Cris García.
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
cativasb_01.jpg
Sensacional tamén o infantil que gañou 1-7 en Sinde ó Val. Difícil papeleta a dos azuis que a semana que vén xogarán en casa ante un Meirás que gañou contundentemente na súa visita ó gran equipo do Narón, 0-3. No outro encontro o Eume sacou un punto da Malata ó empatar co Racing 2-2. Os goles foron anotados por Brais Blanco, nin más nin menos que catro dianas marcou, e non é a primeira vez no que vai de temporada, dous do talentoso media punta Alex Fernández e un do seleccionado David Rey. Ó descansar o conxunto alevín campión de Liga esta semana debutou Josiño cos infantís, a pesar de ter dous anos menos.
O Alevín B perdeu honrosamente 2-1 na casa do segundo clasificado, Galicia de Caranza B. Seguen na séptima posición con 36 puntos recibindo a semana que vén ó Rápido de Neda, que vai de penúltimo.
O Benxamín A perdeu 1-5 co EFR FErrol B na súa despedida de temporada, tanto de Mateo, derrota que non debe empañar a súa brillante traxectoria, xa que gañou 16 partidos, e so perdeu catro, os dous contra os ferroláns, segundos, e outros dous contra O Val B, campión con todos os partidos gañados, dous conxuntos un peldaño por riba do resto. Rematan terceiros e agora ós azuis esperalles a Copa onde quedaron encadrados no Grupo 4 con San Sadurniño, Caranza C, San Pedro e O Val. Ó Benxamín B correspondeulle o grupo 3 onde están Ánimas B, Eume, Numancia, Caranza D e Miño. Pasan a cuartos de final os seis primeiros de cada grupo máis os dous mellores segundos.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
O Prebenxamín A perdeu no seu derradeiro partido de Liga 2-7 co segundo clasificado Ortigueira, goles de Dani e Joan, e rematan sextos con 35 puntos. Na competición de Copa tocoulles o Grupo 1 con EFR Ferrol C, San Pedro, O Val, Cedeira e Barallobre. Os máis noviños están no grupo cuarto con Caranza C, Numancia, Narón B e Perlío. Os primeiros de cada un dos catro grupos pasan a semifinais.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios