A ATLETA PONTESA SUSANA CASTRO PENA, CAMPIONA GALEGA DE CLUBES

A gran deportista pontesa Susana Castro desprazouse esta fin de semana co seu clube, o Ría de Ferrol-Concepción Arenal, a Ourense pra a disputa do Campionato Galego de Clubes.
Susana foi segunda na súa especialidade, os 800 metros, cun tempo de 2:18:83, a 76 centésimas da gañadora, Iria Castro do Ourense Academia Postal. Ambas aventaxaron en máis de 12 segundos á terceira clasificada. Xa na proba de relevos 4 por 400 xunto a Esperanza Caldas, Belit Solar e Jessica Rial gañaron a proba cun tempo de 4:02:61, con nove segundos de distancia sobre o Ourense Academia Postal e vintecinco sobre o Atlético Feminino Celta.
Unha vez máis sensacional rendemento de Susana, tres veces campiona de España e máis de vinte de Galicia a pesar do pouco tempo que dispón para adestrar e competir polas súas obrigacións profesionais.
susana_castro.jpg


Outras victorias do Ría de Ferrol-Concepción Arenal foron a de Esperanza Caldas en 200 lisos, Lidia Casal en 400 lisos, Belit Solar en 1500, Jessica Rial en 400 valados, Raquel Suárez en 3000 obstáculos, Ana Peleteiro en triple salto, Lidia Parada en xabalina e o relevo 4 por 100 metros.
Trinunfo do equipo ferrolán na xeral, 153 puntos lle deron a victoria, por 138 do Ourense Academia Postal, 114 do Atletico Feminino Celta e 113 do Lucus Caixa Rural. Por detrás quedaron Pontevedra (98), ADAS (59), Narón (55) e Cangas (54).
En homes gañou o Ourense Academia Postal con 141 puntos, por 117.5 de SG Pontevedra e 98 de ADAS. Quinto foi o Narón con 91.5 puntos.
O vindeiro 30 de Abril o Ría de Ferrol-Concepción Arenal e Susana comezarán a súa participación na División de Honra onde o obxectivo será un ano máis o de manterse na categoría, e con moito mérito.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios