TERCEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 3 GALICIA DE CARANZA 0: O SEGUNDO EQUIPO DO AS PONTES CONSIGUE O ASCENSO

Un ano despois da súa nova creación o segundo equipo do As Pontes conseguiu o ascenso á Segunda Autonómica tras vencer na tarde de hoxe ó líder da categoría, o Galicia de Caranza, por 3 goles a 0, no partido disputado en tarde calurosa no Campo Anexo José, ante gran afluencia de público, máis de 200 espectadores.
Antes do partido o As Pontes fixo o carreiro de honra ó campión de Liga, Galicia de Caranza, e tamén se gardou un minuto de silencio polo falecemento do avó do adestrador do xuvenil B Javi.
terceira_rexional_001.jpg


Na primeira metade dominou máis o As Pontes pero foi ó comezo do segundo tempo, no 50´ cando Borja marca de tiro cruzado e abre a lata. Isto espoleou ós visitantes que estiveron a piques de igualar en un par de ocasións, pero foi no 65´, tras un penalti, cando o especialista Adrián Criado anotaba o tanto da tranquilidade. No 80´ chegou a sentencia despois dun pase en profundidade hacia Púas que un defensa nun intento de despexe marca na súa porta. Tivo máis ocasións o As Pontes neste segundo tempo por medio de Borja e sobre todo dun rexuvenecido Pedro, pero o partido rematou 3-0 e un As Pontes ó que lle valía o empate ascende de categoría.
Coa victoria por 7-1 do Estrella ante o Canido e do Miño por 0-2 ante o Narahío a Liga acaba con Caranza campión, 65 puntos, As Pontes e Miño con 60, co segundo posto pra os azuis por mellor goal average (2-1 en Miño, 3-0 en As Pontes), e cuarto o Estrella de Narón con 58. Xa moito máis lonxe, con 44, en quinta posición, o San Mateo.
Un ascenso máis para o prolífico adestrador Calpita que xogou con Iván Parapar, Fernando (Hugo 80´), Mourín (Iván 88´), Carlos, Moya, Alex Antón (Fran 45´), Junior, Púas, Borja (Danilo 75´), Adrián Criado e Pedro.
Agora, unha vez obtido o ascenso, ó As Pontes agardalle a Copa, e nun descafeinado sorteo pouco favorecedor ó espectáculo vanse enfrontar os dous mellores equipos da categoría, Caranza e As Pontes o día 1 en Ferrol e o día 8 no Poboado.
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
terceira_rexional_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios