Amigus
As Pontes

O PONTÉS BRUNO SILVÉN ASCENDE A SEGUNDA DIVISIÓN

Conseguiuno este sábado á noite tras un sufrido partido

O xogador pontés de 24 anos Bruno Silvén Fernández ascendeu este sábado á Segunda División do Fútbol Sala español, tralo empate do seu equipo, o Lugo Sala, 2-2, ante o Xerez.

O equipo lucense rematou primeiro clasificado no Grupo 1 da 2B, o mesmo do Esteo pontés, con 82 puntos, en 27 vitorias, 1 empate e so 2 derrotas, con 152 goles a favor, 18 de Bruno, e 57 en contra.

Nas roldas eliminatorias polo ascenso gañou sucesivamente a Albense (2-2 e 7-4), Vulcanizados Ruiz Tafa (3-4 e 4-2), e na gran final ao equipo gaditano, tras un 1-2 no Ruiz Mateos, conseguiu hoxe un sufrido 2-2 no Pavillón Municipal de Lugo. Os outros ascendidos son o Pinatar, que venceu ao galego Stellae Valga, e o La Nucía.

O Lugo Sala xa quedara o ano pasado a un palmo do ascenso, por un so gol na súa final ante o Melistar. Bruno desenvolveu a maior parte da súa carreira no fútbol sala lucense, aínda que tamén se formou nas categorías inferiores do CD As Pontes, e tivo un breve paso polo Esteo FS. Tamén xogou nas Seleccións Galegas de base.

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.