O AS PONTES PASA A CUARTOS DA COPA DEPUTACIÓN LOGO DE ELIMINAR Ó SOMOZAS (2-3)

O As Pontes clasificouse para a seguinte rolda da Copa Deputación despois de gañar ó Somozas por 2-3. Ó descanso o resultado era de empate a un gol.
Os primeiros dez minutos estiveron moi igualados. Os ponteses tiveron que remontar o temperán gol de Pablo ós tres minutos de xogo, tras roubar un balón e enviar unha vaselina ante a que nada puido facer o meta Simón. A partir de aí o dominio e o control do partido pasou a ser do As Pontes, pero sen crear demasiado perigo na portería de Pita e abusando un pouco do pase para atrás. Froito do seu dominio chegou o tanto do empate, logo de que Hugo Soto rematase un balón perfectamente servido por Chicho. Con este resultado chegaría o descanso.
Ós dez minutos do segundo os ponteses adiántanse no marcador por mediación de Cata. Esta remontada visitante motivou un pouco ó Somozas e así chegaría o gol do segundo empate por mediación de David Franch axudado por un erro do porteiro pontés, aínda que con anterioridade o Somozas xa dera dous avisos en dous disparos que se foron fóra por pouco.
Cando todo parecía que se iría ós penaltis chegou o tanto da vitoria do As Pontes por obra de Hugo Soto tras un centro de Sergio dende a esquerda.
O As Pontes disputará a eliminatoria de cuartos en Oleiros diante do Dorneda, que eliminou ó Laracha (1-0) nunha competición na que saltou a gran sorpresa no Sporting Sada, de Primeira Autonómica, que eliminou a todo un Racing de Ferrol na quenda dos penaltis.
somozas_aspontes_001.jpg


U.D. SOMOZAS: Pita, Quintian, Jacobo, Álex Bao (David, 76), Seijas, David Franch, Luki, Sueiro (Carlos, 67), Rubén (José Luis, 76), Edi (Vigo, 56) e Pablo.
C.D. AS PONTES: Simón, Moncho, Javi López, Cata, Iago, Rochela, Luis Coedo (Cañizares, 74), Dani, Hugo Soto, Chicho (Angeriz, 77) e David Amado (Sergio, 67).
ÁRBITRO: Formoso Sánchez, asistido por Veiga López e Raquel Ortega, de Ferrol. Tarxetas amarelas a Pablo e Carlos, do Somozas, e a Moncho, Iago e Dani, do As Pontes.
GOLES: Min. 3 (1-0), Pablo. Min. 33 (1-1), Hugo Soto. Min. 55 (1-2), Cata. Min. 83 (2-2), David Franch. Min. 90 (2-3), Hugo Soto.
CAMPO E INCIDENCIAS: Municipal de Pardiñas ante uns 350 espectadores, con presenza de afeccionados ponteses. Partido de oitavos de final da Copa Deputación da Coruña.
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
somozas_aspontes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios