Amigus
As Pontes

Resultados Grupo Xuvenil do domingo 7 de agosto

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este domingo o clube local de piragüismo desprazouse a vila coruñesa de Miño a disputar a XI Travesía de Miño englobada na copa Galega de travesías, nesta regata categorías superiores e base comparten protagonismo, o clube contou cunha representación moi numerosa de 19 padeeiros, a maioría de categorías base, e ocupou unha meritoria 2º praza na xeral por clubes, só superado polos locais, o que da esperanza ao clube a poder seguir disfrutando deste deporte por moitos anos na nosa vila.
Xa como resultados máis salientables podemos destacar o 1º posto de Alexis Piñon Prieto en k1 benxamín, o 2º posto de Nicole Bejar Castro en k1 alevín, o 2º posto de David Tonyslavov Damianov en k1 infantil A.
E nos maiores salientar as primeiras posicións de David Vejiga Boi en C1 home senior e Antonio Polo Campello en k1 home senior.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios