TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 RACING DE FERROL 2
Victoria do cadro departamental na súa visista ó Campo do Poboado na tarde de hoxe en partido correspondente á segunda xornada de Liga por 1 gol a 2.
A primeira parte foi de dominio verde, e incluso puido sentenciar o Racing. Adiantaronse no 21´, tras un centro dende banda dereita de Céspedes, a defensa non acerta a despexar, e o ex xogador do Baleares Ernesto marca de cabeza. No 38´ tamén tras unha xogada por banda dereita o balón chegalle ó cedeirés Juan Martínez que marca con suspense porque Simón casi estivo a piques de atallar o balón.
De feito o gardamallas pontés foi providencial en senllos contragolpes no 37´e no 40´cando Pablo Rey e Rubén Pardo se quedaron sos, e o ex porteiro da selección galega UEFA salvou in extremis. Tamén nun cabezazo de Céspedes no 20´ ou nun tiro de falta do ex campión da Copa Española Xuvenil co Espanyol en 2003, Pablo Rey (41´), sacou a manopla a relucir.
As mellores chegadas do As Pontes neste período foi un tiro o poste de Hugo Soto no 34´e un cabezazo de Ángeriz salvado por un defensa tras saque de córner no 46´.
No segundo período o Racing recuou buscando que pasaran os minutos, namentres que o As Pontes fixose máis co control do balón, faltando 15 minutos, marcou Chicho, o irmán de Alex Díaz, dende fóra da área, ahí os verdes botaronse para atrás buscando conservar os tres puntos, e anque o As Pontes o intentou levaronse a victoria por 1 a 2. Non obstante salientar un tiro ó poste de Rubén Pardo no 82´.
A pesar de que aínda acaba de comezar a Liga, en complicada situación queda o As Pontes, que marcha penúltimo sen estrear o seu casilleiro de puntos, igual que o Negreira, e que a semana que vén, nun duelo de rivalidade visitará ó líder Vilalbés, e dentro de dúas semanas recibirá a un dos “gallitos” da categoría, o Deportivo B. Non obstante, aínda queda moita liga por diante, e precisarán do apoio do público.
Salientar como alegría da xornada a victoria do segundo equipo pontés no seu debut en Liga na Segunda Autonómica, foi contra o Mandiá e gañaron 1-2, tralos goles de Borja no 1´e no 20´, recurtaron distancias os locais no 35´. Xogaron polos de Calpita, Juan, Antón (Xabi), Alex Antón (Guille), Carlos, Fran, Mourín, Moyá, Hugo Cascudo (Danilo), Borja, Junior e Fernando (Púas).
CD As Pontes. Simón, Moncho, Javi López, Cata, Rochela, Angeriz, Iván González (David Amado 60´), Chicho (Dani 85´), Hugo Soto, Bossa (Fernando 86´) e Sergio Arias.
Racing de Ferrol. Paco, Pumar (Borja 68´), Antonio, Carlos, Céspedes (Alfonso 75´), Ernesto, Juan Martínez, Pedro García, Rafa (Rubén Pérez 60´), Pablo Rey e Rubén Pardo.
Goles: 0-1, Ernesto (21´), 0-2, Juan Martínez (38´), 1-2, Chicho (75´).
Árbitro: Jose Manuel Cives Enjo (A Coruña). Amonestou a Javi López.
Campo e incidencias: Campo do Poboado, unhas 700-750 persoas, con moita afluencia visitante, en tarde soleada. Gardouse un respetuoso minuto de silencio polo recente falecemento do ex presidente do As Pontes Ricardo Barredo.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.