Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil no campionato Galego k2 prebenxamín, benxamín e alevín.

O sábado 28 de setembro, o Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo, desprazouse ata a localidade ourensá de Arnoia, para participar no Campionato Galego de k2 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Dende As Pontes, asistiron 8 padexeir@s, acadando uns estupendos resultados, sendo Aleixa e Arume Amado Fernández 4ªs e Virginia Vilasuso con Alba Polo 6ªs, ambas embarcacións na categoria Muller Benxamín B.

Xa na categoría Home Benxamín A, Unai e Javi proclamábanse campións galegos, revalidando o título acadado o ano pasado en Verducido, en Home Benxamín B.

E xa en Home Alevín A, a embarcación mixta formada por Martina e Xandre remataban en décimo novena posición, tras algún pequeno incidente no percorrido.

Con estos resultados o club colocábase na metade da clasificación, sendo décimo quinto dun total de 31 clubs.

E con está regata queda finiquitada unha tempada 2024 cuns bós resultados do club.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.