Amigus
As Pontes

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 1 CD RÚA 0

Triunfo sufridísimo e merecido das rapazas de Salido no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo José fronte o equipo ourensán da Rúa.
Comentar que entre semana, o pasado martes, as azuis venceron a domicilio ó cadro coruñés do San Tirso por 1 gol a 4, tantos de Noelia e Lau por partida dobre.
O triunfo de hoxe foi dos traballados e non foi por ocasións precisamente, pero a falta de puntería e carencia de atacantes do cadro azul chega a uns extremos que por veces casi fan caer as bagoas, a verdade.
Como si de un guión do gran Alfred Hitchcock se tratase as azuis chegaban e chegaban pero a falta de tino e a excelente actuación da gardamallas visitante Patri imposibilitaron que chegara o gol.
feminino_0001.jpg


Chegaba o cadro ourensán a As Pontes con 13 puntos e no primiero tempo defenderonse con bastante orde, anque o dominio correspondeu as azuis que tiveron moitas ocasións, por medio de Lía, nun disparo seco a rentes do pau (13´), Carlota, tras córner, e saca baixo paus unha defensa (23´), Jani (28´), Lau, tras facer un sombreiro á defensa e a porteira salva o gol co corpo (30´), a propia Lau a bocaxarro (33´) … pero non había maneira.
Milagrosamente o marcador non se moveu, e o mesmo aconteceu no comezo da segunda metade, no 47´ Silvia soa por dúas veces e coa porteira rival tirada no chan, Clara e Carlota en boca de gol no 50´ e 57´ pero seguía sen moverse o marcador.
Conforme pasaban os minutos as pontesas arriscaban e avanzaban posicións e as ourensanas comezaban a despertar e montaban perigosas contras moi ben salvadas todas por Leti, todo hai que dicilo, algunas incluso anticpándose ás dianteiras en boca de gol.
Lara, por alto tras córner (70´), Jani, dende fóra da área (74´), ata que a falta de cinco minutos, a gran extremo Alba, como non, previo rexeite da porteira tras un primeiro tiro, recolle o rechace e marca con dúas defensas achuchando , precisamente en competición oficial o seu gol … número 13.
De ahí ó final, cunha moi boa liña defensiva azul, e non sen sufrimento, salvouse o triunfo no longo desconto e o As Pontes suma tres novos puntos e a falta da visita a semana que vén ó complicado Tordoia para que remate a primeira volta suma seis victorias e dous empates, con 20 puntos metidos no zurrón en 12 encontros.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Mireia, Silvia, Jani, Noelia, Lara, Lía (Alba Barro 56´), Lau (Alba Romero 86´), Clara (Carmela 87´), Carlota (Laura Permuy 86´), Andrea Pita (Carla 83´).
A Rúa. Patri, Noelia, Verónica, Vera, Camela (Bea 70´), Sabela, Ana,Teresa, Carol, Alba e Yaiza.
Goles: 1-0, Alba Barro (85´)
Árbitro: Daniel Barrera Lourido
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose, más dun cento de espectadores en tarde con ceo aberto e moi fría.
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios