Este mércores á noite disputabase un amigable no Pavillón Municipal entre O Esteo e a Selección Galega Xuvenil Sub19, que nos vindeiros días disputará a primeira fase do Campionato de España en Viveiro e Burela contra Cataluña, Castela León, Castela A Mancha e Navarra.
O partido foi de triunfo local por 5-3 remontando o 1-2 co que se marchou ao descanso. Anotaron polos de Iván López; Jandro (2), Juan Caínzos, Cokito e o porteiro Xeito.
Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro
Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro