V Certame As Boliqueiras

Bases do certame As Boliqueiras
A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o V concurso As Boliqueiras.
Poderán participar neste certame todas as persoas que así o desexen sempre que presenten os seus traballos en galego. Estes deberán ser orixinais e inéditos, podendo ser publicados/emitidos se así o considera o xurado.
O tema desta edición é “ÁLVARO CUNQUEIRO”, conmemorando así os 100 anos do seu nacemento cumpridos xa en 2011. O certame está aberto a todo tipo de traballos (escritos, audiovisuais, etc.) agás en Secundaria. No caso dos que se presenten en soporte papel, o máximo establecido é de 10 folios. Acéptanse traballos presentados en equipo.
boliqueiras.jpg


Premios
ESCOLAS INFANTÍS
De 0 a 3 anos: un único premio de 70 €.
De 3 a 6 anos: 1º premio de 40 €, 2º premio de 30 € e 3º premio de 20 €.
PRIMARIA
1º CICLO: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 € e 3º premio de 30 €.
2º CICLO: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 € e 3º premio de 30 €.
3º CICLO: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 € e 3º premio de 30 €.
SECUNDARIA
CATEGORÍA 1: 1º e 2º de ESO. Presentación dun arquivo de audio (tipo podcast) en grupo sobre algún dos seguintes relatos: O paraugas Xacinto, Os diálogo de Perrín, Barcas e o golpe, O cabalo de Alberte Merlo, Amadeo de Sabres, Paulino de Botas e O corvo Estanislao.
Preimo único de 150 €.
CATEGORÍA 2: Bacharelato e ciclos formativos. Presentación dun arquivo audiovisual en grupo sobre algún dos seguintes relatos: Liñas de Eirís, Rello de Pontemil, Tristán García, Don Felicio escribe desde o outro mundo e O corvo Estanislao.
Premio único de 150 €.
Haberá tamén un único premio especial “ENDESA” para un traballo de formato aberto sobre calquera tema relacionado con Cunqueiro. No caso de ser en soporte papel, o límite serán 10 folios como máximo, en letra Arial 12. O importe deste premio será de 500 € e poderá concorrer toda aquela persoa que o desexe.
Presentación dos traballos
Formato papel: co orixinal entregaranse dúas copias de idéntico formato en sobre pechado, debendo constar por fóra do sobre: V Certame “As Boliqueiras”, categoría e seudónimo. Ademais, haberá que incluír un sobre pequeno co mesmo seudónimo de fóra, contendo no seu interior os seguintes datos: nome/s do/s participante/s, enderezo e un número de teléfono de contacto.
Os traballos entregaranse na biblioteca municipal, Avda. de Castelao s/n, rematando o prazo de entrega o día 16 de abril de 2012.
Formato electrónico: enviaranse por correo-e ao enderezo boliqueiras@gmail.com indicando nome/s do/s participante/s, enderezo e un número de teléfono de contacto. Aceptaranse todos os arquivos recibidos antes das 00.00 h do 16 de abril. Tamén se poderán entregar na biblioteca municipa nun DVD en sobre pechado (igual proceso que en formato papel).
O xurado estará composto por un representante de cada colexio (membro dos EDL), un por escola infantil, un/unha representante do Concello e un/unha representante da MESA. Correspóndelle ao xurado a interpretación destas bases, o seu fallo será inapelable e os premios poderán quedar desertos. A decisión do xurado farase pública o venres 27 de abril no transcurso dun acto que se celebrará no Cine Alovi ás 19.00 horas.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.

También podría gustarte
Comentarios