LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 1 SCDR GALICIA DE CARANZA 1

Empate a un tanto no encontro disputado hoxe sábado nunha tarde soleada pero excesivamente fría no Campo Anexo Jose.
Visitaba As Pontes o mellor equipo xuvenil da comarca, tralo Racing de Ferrol, e probablemente o clube que mellor está traballando a canteira na zona nestes últimos anos, ademáis de contar cos mellores xogadores.
Ademáis non se trataba dunha visita calquera, xa que os de Ferrol precisaban dos tres puntos, na súa loita co Vilalbés, Ordes e Lugo B pola segunda praza que garantiza o ascenso á Liga Nacional.
Pero os azuis non se arredraron nin moito menos e comezaron adiantandose por medio de Borja (12´), pero os do Galicia foron achuchando e a escasos 5 minutos pra o remate do primeiro tempo empataron tras un saque embotellado de corner rematado ó fondo da rede.
No segundo tempo tivo o As Pontes tres boas ocasións, no 62´ por medio do goleador Javi, pero un defensa sacou baixo paus, apenas un minuto máis tarde Gogas en boca de gol controla placidamente, pero coa súa reconversión a lateral dereito nos últimos anos perdeu un pouco o seu instinto de dianteiro, o rexiete posterior mandao Javi por riba. A ocasión máis clara máis clara foi unha boa xogada entre Javi e Marcos, este cede atrás a Fabio que manda un gran disparo ó poste (70´).
Por parte do Galicia de Caranza, contando con xente de calidade na medular, anque estivo ben a defensa local, a destacar os dous centrais de primeiro ano, Marcos e Gonza, polos visitantes resaltar o perigo en dúas xogadas a balón parado nas que os rematadores se adiantaron á saída de Reina pero o balón afortunadamente acabou fora no 66´e no 78´.
Nos últimos minutos achuchou o As Pontes pero ó final non se moveu o marcador co conseguinte reparto de puntos.
xuvenil_001.jpg


Segue liderando a táboa o Compostela, con 51 puntos, seguido de Vilalbés con 42, por 40 que teñen Caranza, Ordes e Lugo B. Noveno está o As Pontes con 32 puntos, a dez puntos do ascenso e a oito da zona de descenso.
Precisamente noutro duelo de rivalidade, os azuis visitan ó Eume Deportivo o sábado que vén, equipo que marcha sexto clasificado pola cola que fai a criba da zona baixa con 24 puntos.
Xogaron polos de Carballo, Reina, Sergio Criado (Chungui 45´), Rubén, Gonza, Marcos Otero, Isma Prieto “Palas”, Marcos Novo, Fabio (Beto 73´), Javi, Borja (Villar 76´) e Gogas (Santalla 82´).
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios