Resultados de Miguel Alvariño no Campionato de España de Sala 2012
Rematado o Campionato de España de Tiro con Arco en Sala celebrado en Valdemoro (Madrid) no clube Sílex toca facer valoración. O aqueiro que se desprazou ata alí, Miguel Alvariño García, fixo unha clasificatoria bastante boa, acadando o posto 14º de 24 participantes, o que lle deu a posibilidade de entrar no cadro de eliminatorias. Neste tivo a Javier González Torres (3º na clasificatoria) como primeiro rival, ao que non puido vencer perdendo 6 a 2. Con isto remata o VIII Campionato de España de Tiro con Arco en Sala Xuvenil na 9ª posición final. Primeiro campionato nacional nesta categoría e un resultado calificado como moi bo, dado o nivel dos primeiros clasificados.

O arqueiro pontés, o sábado, durante a eliminatoria de oitavos de final.
Por outra parte, foi a terceira mellor puntuación de arqueiros da Federación Galega, os cales conseguiron que o equipo puidese entrar no cadro de eliminatorias do XXXVIII Campionato de España Absoluto de Comunidades Autónomas, clasificado no 7º lugar. O enfrentamento foi contra o equipo da Comunidade de Madrid, co que perderon por so 5 puntos (231 – 226) e que acadou a medalla de ouro no campionato. Galicia foi, con ese 226 puntos, a maior puntuación dos equipos eliminados en cuartos de final, o que supón quedar en 5º lugar na clasificación final.

Iria Grandal, Jenifer Bartuca e Miguel Alvariño (Equipo Recurvo de Galicia), xunto a Manuel Buitrón designado
capitán de equipo pola Federación Galega para este Campionato.
Clasificación final Campionato de España Xuvenil categoría Recurvo Homes
Clasificación final Campionato de España Equipos Autonómicos
Tódolos resultados finais e clasificatorios do Campionato
Nova cortesía Club Sílex de Tiro con Arco