Vitoria do equipo Feminino do Lago Sport este sábado á tarde no Pavillón Municipal por 4-1 ante o conxunto de Rodeiro.
As discípulas de Diego Vinicius adiantáronse 2-0 aos cinco minutos con ambos tantos de Paula Castro, e tamén no inicio do segundo tempo era a Sub16 Azuleima Ruiz a que prácticamente sentenciaba o encontro co 3 e o 4 a 0, maquillando as visitantes no derradeiro minuto.
Segundas con 47 puntos, próxima visita ao Estrada, sexto con 28. Xogaron Sheyla, Andrea Cruz, Paula, Andrea Montero, Patricia; Aitana, Azuleima, Laurita, Sara Meizoso, Uxía, Carla e Sara Basoa.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro