O fin de semana do 15 e 16 de marzo o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, desprazou ata a capital hispalense a tres padexeir@s para representar o noso pobo no Campionato de España de fondo en categorías xuvenil,sub23,senior e veterán, na Canle de La Cartuja.
Os resultados dos nosos foron satisfactorios, sendo a mellor clasificación a de Ernesto Gancedo, acadando o viséximo segundo posto en home veterán k1, na categoria 50 a 54 anos, nunha regata especialmente complicada por forte vento e moita ondaxe, que tivo a sesión vespertina do sábado.
Celía Durán en muller k1 sub23, o sábado pola maña accedía o superar a súa semifinal á final do domingo onde acadaba un gran viséximo oitavo posto.
Xa Carmen Alén, no k1 muller xuvenil, quedaba as portas de clasificarse, o non poder superar a súa semifinal.





