Para estas vacacións de Semana Santa, O Grupo Xuvenil ofrece no lago das Pontes cursos de piragüismo, dirixidos a tódalas persoas de calquera idade que lles interese este deporte.
Os cursos impartiranse dende o día 17 ó 20 de abril ás 11:30 no lago.
Para inscribirse tan só hai que poñerse en contacto co Grupo Xuvenil:
En Instagram
Ou visitando o clube no encoro da ribeira os venres de 17 a 20h. e os sábados e domingos de 10:30 a 14h.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.