Partidazo o do As Pontes de Alex Montero no día de hoxe no Evaristo
Puentes, en encontro arbitrado por Julen Martínez Galego, no que venceu
ao Curtis de Lucas Vázquez, que vai clasificado un posto por riba, por 5-2.
Na primeira metade un tanto de Judit era igualado por Noa, pero a gran
Silvia, hoxe futbolista, facía o 2-1 tras saque de córner, co que se chegou
ao descanso.
Trala reanudación era Nerea a que marcaba e recurtaba
distancias Mireya.
Pero nos últimos minutos un tanto da gran capitana e outro de Nerea
establecían o 5-2 definitivo para un equipo con moitas baixas pero que
marcha sexto con 42 puntos antes de visitar ao Culleredo, decimocuarto
con 19.
Xogaron Ainize, Naia, Lucía, Silvia, Andrea, Noelia Ameneiro, Nerea (Paula
Ríos 86´), Patri, Paula Castro, Judit, Laura (Alba 60´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro.