O Club de Vela Fluvial As Pontes ven de participar esta pasada Semana Santa no Campeonato de España da clase Vaurien, organizado polos cántabros do Real Club Nautico Laredo. Ata este campeonato se puideron desprazar tres tripulacións xuvenís formadas por Alba Abril e María Lefler, Adrián Gregorio e Antón Dopico, e Paula González e Iida Suoniemi (Bazán Ferrol).
Puidéronse disputar 9 probas das 12 previstas ó longo dos 4 días de regata, con condicións de vento de todo tipo na bahía laredana. Excepto o primeiro día, xoves, no que o vento foi algo frouxo, os tres días restantes a dirección do vento foi variando, pero mantendo sempre unha forte intensidade. De feito, o domingo, derradeiro día de competición subiu a intensidades que permitiron facer so unha manga, obrigando ó Comité de Regatas a enviar a frota a terra.
Moi meritorio traballo e esforzo dos regatistas ponteses, que nestas condicións tan duras do Cantábrico lograron unhos extraordinarios resultados, que poñen de manifesto que a súa constancia e paixón pola vela dan os seus froitos:
Alba Abril e María Lefler, no puideron revalidar o seu título de campeonas femininas conseguido o ano pasado en Vigo, pero si lograron o subcampeonato feminino, así como o terceiro posto xuvenil, sendo 11º na clasificación absoluta.
Adrián Gregorio e Antón Dopico, a falta da disputa do Campeonato Galego, puxeron un magnífico broche de ouro á súa primeira tempada na clase Vaurien cun 9º posto xuvenil, sendo 19º na clasificación absoluta.
Paula González e Iida Suoniemi acadaron un satisfactorio 12º posto xuvenil, cun 6º na clasificación feminina, e un 28ª na absoluta.
Lamentar a lesión de rodilla, aínda pendente de valoración definitiva, da patrona Alba Abril nunha volcada ó final da única manga disputada na xornada de domingo, e que obrigou a esta tripulación a abandonar a competición remolcadas.
Na entrega de trofeos celebrada o último día da regata, o domingo 20 de abril, o Real Club Náutico de Laredo entregou de mans do seu presidente D.Juan Adarraga a bandeira da clase á próxima sede que organizará o campeonato do 2026, e que será precisamente o Club de Vela Fluvial As Pontes.
Nova cortesía do clube de vela Fluvial As Pontes.