Amigus
As Pontes

A un punto do bronce no Campionato de España de equipos autonómicos

Tras un cambio nos horarios o sábado á tarde desputouse a clasificatoria do VII Campionato de España de Equipos Autonómicos con dúas rondas de 24 flechas a 70 metros. O equipo de Galicia na modalidade de arco recurvo homes estivo composto polos arqueiros Miguel Alvariño (Sílex), Carlos Romero (Sílex) e Iván Castro (Arco Ferrol).
Nesta clasificatoria sumaron 205 e 204 puntos cos que acadaron o terceiro posto, formando no grupo B cos equipos de Extremadura, Valencia e Principado de Asturias.
A fase de grupos, enfrontamentos entre tódolos equipos do mesmo grupo, celebrouse tamén o sábado á tarde e nela os galegos venceron no primeiro ao equipo valenciano. De seguido sumaron outros dous puntos da victoria fronte aos arqueiros asturianos. E Non estiveron todo o atinados diante os Extremeños que gañaron no derradeiro enfrontamento.
Así, dentro do grupo B, Galicia clasificou de segunda optando así á loita polas medallas de bronce contra o equipo andaluz, segundo do grupo A. Esta eliminatoria final tirouse o domingo pola mañá. Estivo moi reñida ata o punto de ir empatados a falta da última entrada. Nesta os andaluces sumaron 50 puntos polos 49 dos galegos, quedando o resultado final en 202 para Andalucía por 201 de Galicia.
Un cuarto posto moi pelexado e que deixa ver o nivel que hai entre os arqueiros galegos, e en concreto dos da comarca de Ferrolterra e do Eume.

Cto_Esp_Auton_equipo_Gal.jpg
Imaxe do equipo Galego (esq-der): Manuel Buitrón (Capitán), Miguel Alvariño (Sílex), Iván Castro (Arco Ferrol), Carlos Romero (Sílex)


Nova cortesía do Club Sílex de Tiro con Arco

También podría gustarte
Comentarios