Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 2 – SPORTING MEICENDE 2

Partido este sábado á tarde no Poboado

Un punto rescatou o As Pontes no derradeiro partido de liga nun encontro que se lle puxo moi costa arriba cos dous goles visitantes e a expulsión de Samuel, pero soubo reponerse e arañar un empate con dous bos tantos de Elías nos últimos minutos.

Décimos con 43 puntos os azuis no peor dos casos mañá acabarán a Liga na undécima posición con ata sete equipos por debaixo. Xogaron Cristian, Criado, Samuel, Óscar, Rafael, Javi (Xoel 58´), Hugo, Daniel, Elías, Xandre, Bruno (David 76´).

No banco visitante o gran Maikel Naujoks, que fora dianteiro de Deportivo, Toledo, Getafe, Xerez, Compostela, Terrasa, Tenerife ou Lorca, no fútbol profesional. No bando local tamén gran adestrador incluido Breijo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.