A porteira pontesa Malena Mieres García ven de xogar hai uns minutos, en China, co seu equipo, Melbourne City de Australia, a final da Champions Asiática Feminina, perdida con moito infortunio, na quenda de penaltis, contra o equipo local, Wuhan Jiangda, 1-1 (4-5).
Adiantaronse as australianas no marcador no 76´ por medio da xove xogadora de 17 anos, Shelby McMahon, e semellaba sentenciada a final co 2-0 de Bryleeh Henry no tempo de desconto, tanto definitvamente anulado por falta previa.
Colmo de males, tras unha inocente man tras un disparo moi frouxo empataban 1-1 as locais de penalti no 98´, e sen tempo para máis houbo que ir á prorroga e posteriores penaltis, nos que Malena paraba o cuarto, e tiña o quinto para sentenciar o título Stott, pero fallou. Xa na norte súbita as australianas fallaban tamén o sexto.
Previamente o Melbourne City venceu na fase de clasificación ao Bam Khatoon iraní (2-1), College of Asian Scolars de Tailandia (3-0), e Kaya de Filipinas (4-0). Xa na fase final gañaron en cuartos de final a Taichung Blue de Taiwán (3-0), e a Incheon Hyundai Steel de Corea do Sur (2-1).
Tampouco tiveron fortuna na competición ligueira as australianas, tras unha magnífica liga regular na que acabaron líderes con 16 vitorias, 7 empates, e ningunha derrota, con 55 puntos, dous por riba do Melbourne Victory, que acabou segundo.
Sen embargo, o Melbourne City caeu nas semifinais do play off polo título, 2-2 e 0-1 (nun partido con prórroga e no que acabaron con dez xogadoras), ante o sorprendente Central Coast Mariners, equipo cuarto clasificado ata 21 puntos por debaixo do de Malena, pero que tamén venceu ao outro equipo de Melbourne na final.
Malena xogou 5 dos 6 partidos de Champions, e 24 dos 25 partidos de Liga. Parabens.
Fotos cortesía Melbourne City e Youtube. Nova XF.