Amigus
As Pontes

Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este fin de semana o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse por partida doble.

O sábado achegábase a Lugo con tres embarcacións, para participar no Descenso do Miño, que nesta ocasión era tamén campionato galego de ríos.

Nun percorrido de 19km, entre a ponte de Rábade e a Ponte Romana de Lugo, especialmente duro pola acumulación de algas que dificultaban o padexo.

Os resultados foron os seguintes, Antón Garcia e Xalo García eran séptimos en k2 home senior, Ernesto Gancedo era 4º en Home k1 veterán, onde Antonio Polo se alzaba co título de Campión Galego de ríos na categoría veterán.

O club na categoría home veterán tamén se proclamaba campión.

Xa o domingo, o desprazamento era a Rianxo, para participar na l Regata da Copa Deputación da Coruña.

Nesta ocasión o club desprazaba sete palistas, sendo Martín Ferro 3º en home Benxamín B k1, Javi Filgueira era segundo en home Benxamín A k1, Unai Penabad gañaba no k1 Alevín A, posto que repetía Dani Ferro en home k1 Infantil A.

Xa os nosos cadetes Home k1, ocupaban o primeiro chanzo con Adri Filgueira, sendo medalla de chocolate Xalo Romero e quinto Omar Penabad.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios