Amigus
As Pontes

ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO, NA CLASE VAURIEN, ACADAN O 2º POSTO NA COPA XUNTA DE GALICIA 2025

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Vilagarcía volveu a convertirse esta pasada fin de semana na capital da vela autonómica coa celebración da Semana Galega da Vela, una cita que reuneu a máis de 200 regatistas nunha competición que, ademáis de puntuar para as súas respectivas clases, foi valedeira para a Copa Xunta de Galicia. Cun ambiente excelente tanto no mar coma en terra, e unha organización impecable a cargo da Real Federación Galega de Vela, a regata cumplió con creces as expectativas.

E ata alí se desplazaron dúas tripulacións xuvenís da clase vaurien do CVF As Pontes, Adrián Gregorio/Antón Dopico e Paula González e Ana Lefler. Ambas tripulacións disputaron a fase clasificatoria previa do sábado e domingo, clasificándose soamente o barco tripulado por Adrián e Antón para Medal Race final da xornada do domingo que dirimiría o podium final.

As dúas xornadas de regatas estiveron marcadas por un vento frouxo, de entre 3-4 nós, 5 no mellor dos casos, pero que resultou suficiente para completar as pruebas e navegar sen contratempos, o que deu lugar a unha regata moi competida.

Estas condicións aproveitáronas especialmente Adrián Antón, cun barco rápido e tripulación lixeira, para sorprender a toda a flota e facerse con dúas victorias nas 3 mangas disputadas o sábado o que os aupaba ó 2º posto da clasificación xeral a un so punto dun barco campeón como era o de Pablo Cabello e Isabel Cabello. Paula González e María Lefler, con menos horas de navegación en esta clase, trataron tamén de aproveitar a súa condición de tripulación lixeira para tratar de colocarse o máis arriba posible na clasificación.

Na xornada de domingo as condicións de vento mantiverónse e Adrian e Antón salíronse coa súa defendendo esa 2ª posición, que á postre foi definitiva, tanto na fase clasificatoria coma na Medal Race. Pola súa banda Paula e Ana, tras pelexar co groso do pelotón da flota nas dúas mangas clasificatorias, finalizaron na 8ª posición.

 

Nova cortesía do clube Fluvial de vela.

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios